Categoría: Santa Uxía

1965 Riveira Dique (fábricas conserveiras)

Esta fotografia corresponde a unha vista aérea do dique (malecón) da zona máis emblemática de Riveira. Foi realizada sobre o ano 1965 xa que nela aparece aínda en pe a “Fábrica de Cardona”, que se incendiou o 9 de decembro de 1967. Vese ademais o “Colexio El Pilar”, e detrás a finca de Landeira e o lado a “Fábrica do Abadiño”. Na memoria colectiva do noso pobo lembrase aquela madrugada no que o lume arraxouLearn More

1948 Talleres El Nervión

Magnifica fotografía das primeiras instalacións de Talleres El Nervión no Dique da entón Avenida de José Antonio. Falar de “Talleres El Nervión” é falar dunha das industrias máis salientables dos anos 40 a 70 do século XX. Situada na entón “Calle Alcazar de Toledo” (actual Mariño de Rivera) e no dique do porto (Dique), dedicouse á fabricación dos motores diesel, baixo a marca “HMR- Hermanos Martínez Rodriguez”. Especializada especialmente en motores de camións e barcos,Learn More

1975 aprx. Caramecheiro

A imaxe data de principios dos anos 70 e amosa a praia de Coroso no Caramecheiro. Vese o famoso aparcadoiro, o primeiro da cidade, que servía mais de pista de xogos que de garda coches. Debaixo estaba o “Club Naútico” e vese tamén a estrada da Avenida da  Coruña, e na parte superior á dereita o polideportivo e o “Instituto Santa Uxía”, construídos os dous na beira do vello Camiño Real que unía Riveira conLearn More

1971 Pedra Pateira.Riveira

Esta preciosa imaxe cargada de enxebrismo está tomada en 1971. Trátase da zona de Banda ó Río ( Bandourrío), actualmente ocupada polo recheos do parque de Pedrapateira. Xunto a Deán (este aparece xa citado en documentos do século XII) é o núcleo orixinario de Riveira. Barrio mariñeiro por excelencia, é a única zona que mantén certo encanto de toda a cidade e conserva parte da súa estructura orixinal. ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobreLearn More

1914 Riveira, vista xeral do dique

Esta espectacular fotografía, en realidade tres, ofrece unha imaxe de toda a fachada do dique do porto de Santa Uxía. Publicada nun album de 1914 dos que solia facer “El barato de Riveira” (actualmente a Joyeria Montero) permítenos apreciar como era a recén nomeada cidade, destacando as salazoneras e conserveiras, das que chegou a a ver mais dunha ducia. Tamén vense as torres da igrexa Parroquial e coñecidas casas das que apenas quedan en peLearn More

1940 Muelle Colón Riveira

Traemos hoxe a aportación dun veciño de Santa Uxía. Unha magnifica imaxe dos anos cuarenta do século pasado que nos ofrece unha foto do muelle de Colón, no dique hoxe desaparecido polo recheo dos anos 80. ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.

© 2026: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress