Etiqueta: Landeira
1965 Riveira Dique (fábricas conserveiras)

Esta fotografia corresponde a unha vista aérea do dique (malecón) da zona máis emblemática de Riveira.
Foi realizada sobre o ano 1965 xa que nela aparece aínda en pe a “Fábrica de Cardona”, que se incendiou o 9 de decembro de 1967. Vese ademais o “Colexio El Pilar”, e detrás a finca de Landeira e o lado a “Fábrica do Abadiño”.
Na memoria colectiva do noso pobo lembrase aquela madrugada no que o lume arraxou cunha das máis emblemáticas conserveiras da vila. A ese suceso uneuse unha serie de circunstancias que tiveron ós servizos de bombeiros de protagonistas
.Aquela noite os veciños intentaron apagar con cubos o lume que de xeito espectacular queimada a fábrica……
O noso agradecemento a Pedro Escudero, por enviarnos esta preciosa imaxe e animaros a que sigades colaborando.
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas