Etiqueta: Consistorio
1960 Vista de Santa Uxía

Espectacular vista de Santa Uxía desde a Rúa Cristobal Colon. Apreciase en primeiro termo a Sala de Festas Cambeiro, á esquerda o tellado do Consistorio e á dereita as casas de protección oficial recén construidas da rúa Rosalía de Castro.

1974 Derrube Casa Consistorial de Riveira

Nos anos setenta do se´culo pasado a corporación municipal solicitou unha axuda de Deputación provincial para arranxala Casa Consistorial construída a principios do século XX e cun engadido nos anos corenta.
A cantidade dada pola deputación desbordaba con moito as necesidades de arranxo, polo que se decidiu construír un novo pazo consistorial que daría paso o espantallo coñecido durante moitos anos como o polideportivo ou o cárcere. Os arranxos posteriores arrombaron algo a imaxe do edificio. Na memoria colectiva quedou gravada a desfeita do vello consistorio de estilo colonial portugués que ainda que carente de valor histórico davalle un aire de solemnidade á casa do concello. Pero era o boom dos setenta e o crecemento desmesurado e sen control adueñouse de toda a cidade. A fotografía de “González” amosa o derrube dás fachadas. Teño dúbido se era o ano 1974 ou 1972 e polo tanto si o alcalde era Felix García Arriaga (1963-1973) ou Ángel Abalo de la Torre (1973-1975) . O fondo o almacén dás populares “Bodegas La Parra”.
1970 Riveira Praza de Calvo Sotelo actual do concello

A vella Casa Consistorial que aparece nesta imaxe de Foto González, sería derrubada no primeiro trimeste do ano 1974. O edificio foi construído en dúas fases, a primeira delas en 1904 cando o Alcalde, José Martínez Fernández, de quen xa falamos nesta mesma web (ver enlaces) retoma o proxecto de construcción dun edificio municipal tras arder o anterior en 1862 e estar de aluguer durante mais de 40 anos. Este rexidor retoma un proxecto anterior doutro alcalde, Manuel Fernández González, que en 1878 quixo facer o Consistorio. Tratábase de sustituir o vello edificio e encargou o proxecto o arquitecto, Juan Ramón Correa Mariño, se ben non se levou a cabo.
Outras imaxes da praza :http://riveira.eu/arquivos/136
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas
1950 Vista aérea de Riveira

A imaxe ofrecenos unha perspectiva aérea de Riveira dos anos 50. Apreciase claramente na imaxe as estradas do Son-Noia e de Padrón, as dúas conservando aínda os típicos “plataneros” que bordeaban as calzadas. Tamén se ve a vella lonxa e os primixenios peiraos. Facendo un barrido pola fotografía apreciase por exemplo a Avda.Miguel Rodriguez Bautista e as inicipentes casas baratas, o grupo escolar, as naves de Talleres El Nervión, na chamada entón rúa Alcazar de Toledo…
A fotografia pertence a unha serie de varias das que xa publicamos algunha en www.riveira.eu
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.
1955 Riveira Praza de Calvo Sotelo

A imaxe recolle un aspecto da vida cotidia da Riveira dos anos cincuenta rebautizada despois da Guerra Civil como Praza de Calvo Sotelo. Á marxe do tipismo da fotografía vese a Torre do reloxio ou da dereita do Consistorio. seguro que algún dos nosos lectores identifica os fotografiados. Esperamos que podamos poñer nome ós protagonistas da mesma.
.
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas