Etiqueta: Arquivo Joferpa
1960 Vista de Santa Uxía
Espectacular vista de Santa Uxía desde a Rúa Cristobal Colon. Apreciase en primeiro termo a Sala de Festas Cambeiro, á esquerda o tellado do Consistorio e á dereita as casas de protección oficial recén construidas da rúa Rosalía de Castro.
1914 Riveira, vista xeral do dique
Esta espectacular fotografía, en realidade tres, ofrece unha imaxe de toda a fachada do dique do porto de Santa Uxía. Publicada nun album de 1914 dos que solia facer “El barato de Riveira” (actualmente a Joyeria Montero) permítenos apreciar como era a recén nomeada cidade, destacando as salazoneras e conserveiras, das que chegou a a ver mais dunha ducia. Tamén vense as torres da igrexa Parroquial e coñecidas casas das que apenas quedan en peLearn More
1940 Muelle Colón Riveira
Traemos hoxe a aportación dun veciño de Santa Uxía. Unha magnifica imaxe dos anos cuarenta do século pasado que nos ofrece unha foto do muelle de Colón, no dique hoxe desaparecido polo recheo dos anos 80. ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.
O "Titanic" galego cumpre 90 anos
O domingo 2 de xaneiro de 2011 cumprironse 90 anos do afundimento do vapor -correo Santa Isabel. O suplemento “Los domingos de La Voz” publicou un artigo meu sobre a historia do naufraxio que tivo lugar precisamente un domingo de hai 90 anos.