Etiqueta: Malecón
1960 Riveira dique
A postal amosa a zona do dique nos anos cincuenta. Por aquel entón denominada Avenida de José Antonio nome imposto tralo levantamento militar do 36. O fondo aprecianse os secadeiros de Colomer e a cheminea de Cerqueiras
1955 Festas de verán
Empezan as festas de verán e non me resisto a recuperar esta fotografía publicada na edición de El Correo Gallego na sección “Hai 25 anos”. Trátase dunha foto do malecón do ano 1991. As instalacións da recén estreada lonxa acollian os actos en honra da Virxe do Carmen. E coma non o programa de festas de 1955, completo para que podades disfrutar de como se vivian naqueles anos as chamadas “Festas tradicionais”
1914 Santa Uxía de Riveira Dique
Tres son os puntos de referencia habitual das fotografías e postais da primeira metade do século XX sobre Santa Uxía. O concello, a igrexa e o dique. Esta espectacular fotografía ofrece unha imaxe de toda a fachada do dique ou malecón do porto de Santa Uxía. Publicada nun álbum de 1914 dos que facia “O barato de Ribeira” (actualmente a Joyeria Montero) permítenos apreciar como era a recen nomeada cidade, destacando as salgadeiras e conserveiras.
1960 Dique(malecón) Riveira
Tralo tempo estival retomamos a suba de imaxes e documentos sobre os nosos pobos. Hoxe facemolo con esta imaxe do dique- malecón- nos anos sesenta, tal vez finais dos cincuenta. Como non en primeiro plano o secadero de bacallau de Colomer. Algunha aportación?
1965 Santa Uxía de Riveira. Avenida do Malecón
A fotografía que traemos hoxe remóntae a finais de xullo de 1965. Enmarcase nunha colección na que amais aparecen imaxes de Aguiño e Corrubedo. Pouco que decir sobre a desfeita da fachada do dique (hoxe Malecón) daquela avenida José Antonio, Na fotografía vense o secadeiro de Colomer, e as conserveiras de Cardona e Abadiño.
1960 apr. Praza do peixe e lonxa de Santa Uxía
Podíamos empezar decindo quen che ve e quen che veu. Esta foto de finais dos 50 e principios dos sesenta recolle a vella “praza do peixe” e a “lonxa do peixe”. Hoxe unha nova instalación modernista que acollerá a Praza de Abastos está a punto de inaugurarse o que permitirá ver polo menos, parte da dársena tapada polas sucesivas construccións portuarias. Que tal si vos animades e nos escribides algún comentario?. “redaccion@riveira.eu”