Categoría: Prensa
Segue a polémica da B e da V no topónimo de Santa Uxía
O pasado 26 de abril recollíamos un artigo escrito en El Correo Gallego do doutor en filoloxía clásica José Manuel Pérez Fernández, doutor en filoloxía clásica sobre o uso da “B” ou da “V” na parroquia de Santa Uxía de Ribeira. El defendia a V.
Hoxe o xornal compostelán publica outro artigo neste caso de Antón Santamarina, coordinador do seminario de onomástica da RAG, neste caso defende a B.

“O vapor Santa Isabel” protagonista do semanario “España Exterior”

O semanal España Exterior publica esta semana un amplo reportaxe sobre o naufraxio do vapo-correo Santa Isabel e o papel das heroínas que interviron no salvamento de naúfragos e o papel do segundo oficial do barco, Luís Cebreiro. Na ampla reportaxe sae tamén unha entrevista coa directora da película “Santa Isabel”, Paula Cons que se estrenará o vindeiro ano.

1944 Noruega. Visita de Franco a Riveira

Corte do documental da “NRK TV Filmavisen Spania”, compañía pública de radio e televisión de Noruega, sobre a visita de Franco a Riveira. En 1944 Noruega estaba baixo o control dos nazis de ai que nos documentais da época se incluíra a visita de Franco dentro dos intercambios que facían os NODOS dos dous países.
Pódese ver o video do noticiero español no” NO-DO” no enlace da nosa páxina http://www.riveira.eu/arquivos/455
O corte foi incluido no documental do día 9 de ouctubro de 1944 e que se pode ver íntegro no seguinte enlace. No corte seis aparece a referencia a Riveira: https://tv.nrk.no/serie/filmavisen/FMAA44004044/09-10-1944
80 anos do asasinato de Lustres Rivas

O de 10 de novembro cumpriranse 82 anos do asasinato en 1936 en Redondela do xornalista e escritor José Manuel Antonio Lustres Rivas. La Voz de Galicia edición Barbanza, publicara hai dous anos un artigo meu non que se recollen, moi resumidos, datos sobre o fillo predilecto de Riveira. Amais podedes ver mais datos noutra entrada dá nosa páxina sobre Lustres.
Manuel Lustres quedaría no esquecemento e soamente Ribeira recuperaría a súa traxectoria coa dedicatoria dunha rúa, poñendo o seu nome ó centro cultural e concedéndolle o título de Fillo Predilecto a título póstumo o 5 de decembro de 1986. Lustres segue a ser hoxe o gran descoñecido para o resto do país.
20150822 Reportaxe La Voz de Galicia sobre riveira.eu

La Voz de Galicia dedicounos o sábado unha pequena reportaxe o noso portal www.riveira.eu, como consecuencia tivemos mais de 1.270 visitas nun día o que anima a seguir adiante con este pequeno proxecto. No que vai de verán superamos xa as 17.000 visitas e mais de 600 siareiros no facebook. Grazas a todos polo apoio e seguiremos subnido 2 ou 3 imaxes por semana.
Por certo animaros a participar e facer comentarios ou mandar fotos.

La Voz de Galicia, 20150822
Riveira-150 anos da Igrexa Parroquial
O vindeiro 2014 faranse 150 anos da Consagración do
templo parroquial de Santa Uxía de Riveira. Co gallo
deste aniversario a parroquia vai iniciar diversos actos
que empezarán coa recollida de material fotográfico,
xornalístico e documental referido á parroquia, o pobo e os seus
acontecementos.
Trátase de render homenaxe á vila e ás súas xentes e para iso
necesitamos a colaboración de todos, e facer deste proxecto
unha obra colectiva involucrando a veciños, institucións, organismos,
asociacións e empresas.
A Parroquia fai un chamamento a todos aqueles que posúan
fotos, recortes de prensa, e documentos anteriores a 1990 que
consideren de interese xeral, para que as cedan con este fin, coa
garantía de devolución, o que se fará do seguinte xeito:
1. A recollida de material farase no despacho parroquial de
luns a venres de 12 a 14 horas, entregándose un recibo-xustificante
da súa recepción. Aquelas persoas que non poidan
entregalo poden tamén avisar ben por correo electrónico a
“parroquiasantauxía@riveira.info” ben no número 609 800
950 e pasarase a recoller o material.
2. Posteriormente farase un escaneado das imaxes e documentos,
onde se fará constar o autor, lugar e data de realización e
no seu defecto a persoa que o cede. Deseguido devolverase o
orixinal ó seu propietario.
3. A Parroquia procederá a escoller as mellores fotografías e
documentos, que serán utilizados na exposición que se abrirá
a mediados do ano vindeiro nos salóns parroquais.
4. A Parroquia, en colaboración con entidades que patrocinarán
o proxecto, vai editar un libro-catálogo que recolla as imaxes,
o que permitirá perpetuar a vella Riveira, as súas xentes,
edificios, rúas…etc.
5. Os beneficios da venda do libro catálogo, serán destinados
integramente a fins sociais da parroquia.
Para máis información:
609 800 950
parroquiasantauxia@riveira.eu
http://www.riveira.eu