Categoría: Vídeo
Serie”Os museos non paran”. Museo Municipal de Ribeira. Videos sobre o Santa Isabel

O Museo Municipal de Ribeira lanzou unha serie de catro pequenos videos de promoción sobre o naufraxio do Santa Isabel do que o próximo día 2 de xaneiro cumpriranse 100 anos.
Baixo o título “Os museos non paran. Museo Municipal de Ribeira”os videos pasan revista os contidos do que conta o museo sobre o naufraxio.
Así no primeiro lémbrase ó naufraxio, na segunda das pezas o papel das heroínas, na terceira á figura do segundo oficial Luís Cebreiro, verdadeiro heróe do naufraxio e na cuarta ós contidos do museo e os donativos feitos polos descendentes dos protagonistas.

Aniversario do Santa Isabel. 99 anos do seu afundimento

Este 2 de xaneiro cúmprense 99 anos do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, que embarrancou nos baixos de Sálvora ocasionando a morte de 213 persoas, delas 64 nenos. Un grupo de alumnos da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago realizaron un documental titulado ‘‘ A lenda do Santa Isabel ‘‘.
O guión da reportaxe mistura lenda e historia e así unen a tradición de Mariña e a historia do naufraxio do buque. O documental recolle a morte de Roldán e como a serea Mariña decide regresar ás profundidades das augas de Sálvora. Antes bota unha maldición: o primoxénito de cada liñaxe dos Mariño debe ser entregado ao mar onde morrerá afogado. Os autores do documental fan a conexión co naufraxio do Santa Isabel onde faleceron boa parte da pasaxe e da tripulación e do que unicamente se salvaron 53 persoas.O documental recolle a lenda como simbolismo da cantidade de xente que morre no mar e o pesar que causa nunha comunidade que vive del como é a destas costas. De feito, a reportaxe remata coa seguinte pregunta retórica: Cal é a familia desta comarca que non ten mortos no mar?.
Na reportaxe interveñen Xosé María Fernández Pazos, historiador, xornalista e mestre ribeirense, autor do libro “Sálvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel”, texto no que se recuperou hai mais de 20 anos a historia do naufraxio e as lendas da illa ribeirense; tamén falan o escrior Antonio Piñeiro, profesor, escritor e historiador, Pura Fernández Gude, sobriña de María Fernández Oujo, unha das heroínas de Sálvora e Manuel ‘De López’ e Silva, dous mariñeiros xa retirados da comarca.
O documental empeza e remata falando sobre o mar e o seu simbolismo.As entrevistas foron feitas no Porto de Aguiño, no Faro de Corrubedo, no Porto de Palmeira e en O Castro en Castiñeiras. Tamén foron gravados planos na Illa de Sálvora, na Praia da Catía, en Corrubedo, en Palmeira e en Ribeira, entre outros lugares.
O documental “ A lenda do Santa Isabel ” foi gravado e editado por Antonio Mosquera Montoya, Ana Rial Maneiro, Iago Sánchez Caridad, Laura Seijo Vigo, Pablo Montero Castro, Pablo Portela Rodríguez e Sara Pérez Seijo, que traballaron intensamente na guionización, entrevistas e recursos do documental durante varios meses.
A web de historia ribeirense www.riveira.eu recolle un apartado centrado en artigos e reportaxes sobre o vapor-correo entre eles o feito polo programa “O Mar” da TVG polo propio autor do libro en 1999 e posteriormente en 2013 outra reportaxe sobre a traxedia que levaría o nome de” O Titanic Galego“.
En marzo de 2019 presentouse no Museo Municipal de Riveira o inicio da gravación da película que usa a historia do Santa Isabel como base e que se estrenará esta primavera baixo o título “La Isla de las Mentiras” dirixida por Paula Cons e que conta con Nerea Barros, Darío Grandinetti, Aitor Luna nos papeis principais.

1944 Noruega. Visita de Franco a Riveira

Corte do documental da “NRK TV Filmavisen Spania”, compañía pública de radio e televisión de Noruega, sobre a visita de Franco a Riveira. En 1944 Noruega estaba baixo o control dos nazis de ai que nos documentais da época se incluíra a visita de Franco dentro dos intercambios que facían os NODOS dos dous países.
Pódese ver o video do noticiero español no” NO-DO” no enlace da nosa páxina http://www.riveira.eu/arquivos/455
O corte foi incluido no documental do día 9 de ouctubro de 1944 e que se pode ver íntegro no seguinte enlace. No corte seis aparece a referencia a Riveira: https://tv.nrk.no/serie/filmavisen/FMAA44004044/09-10-1944
Santa Isabel, 95 anos. Estrenase na rede o documental “A lenda do Santa Isabel”

Este 2 de xaneiro cúmprense 95 anos do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, que embarrancou nos baixos de Sálvora en 1921 ocasionando a morte de 213 persoas, delas 64 nenos. O aniversario é aproveitado por un grupo de alumnos da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago para a realización do documental ”A lenda do Santa Isabel”.
O guión da reportaxe mistura tradición e historia e así se une a lenda de Mariña e a historia do naufraxio do buque. O documental recolle a morte de Roldán e como a serea Mariña decide regresar ás profundidades das augas de Sálvora. Antes bota unha maldición: o primoxénito de cada liñaxe dos Mariño debe ser entregado ao mar onde morrerá afogado. Os autores do documental fan a conexión co naufraxio do Santa Isabel onde faleceron boa parte da pasaxe e da tripulación e do que unicamente se salvaron 56 persoas.
O documental recolle a lenda como simbolismo da cantidade de xente que morre no mar e o pesar que causa nunha comunidade que vive del como é a destas costas. De feito, a reportaxe remata coa seguinte pregunta retórica: Cal é a familia desta comarca que non ten mortos no mar?. Na reportaxe interveñen Xosé María Fernández Pazos, historiador, xornalista e mestre, autor do libro “Sálvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel”, texto no que se recuperou hai caseque 20 anos a historia do naufraxio e as lendas da illa ribeirense; Antonio Piñeiro, profesor, escritor e historiador, Pura Fernández Gude, sobriña de María Fernández Oujo, unha das heroínas de Sálvora e Manuel ‘De López’ e Silva, dous mariñeiros xa retirados da comarca. O documental empeza e remata falando sobre o mar e o seu simbolismo. As entrevistas foron feitas no Porto de Aguiño, no Faro de Corrubedo, no Porto de Palmeira en O Castro en Castiñeiras. Tamén foron gravados planos na Illa de Sálvora, na Praia da Catía, en Corrubedo, en Palmeira, en Ribeira, entre outros lugares.
O documental foi gravado e editado por Antonio Mosquera Montoya, Ana Rial Maneiro, Iago Sánchez Caridad, Laura Seijo Vigo, Pablo Montero Castro, Pablo Portela Rodríguez e Sara Pérez Seijo, que traballaron intensamente na guionización, entrevistas e recursos do mesmo durante varios meses. A reportaxe ten una duración de 17 minutos e pode ser visto partir deste 2 de xaneiro 95 aniversario do naufraxio.
Antonio Mosquera Montoya, Ana Rial Maneiro, Iago Sánchez Caridad, Laura Seijo Vigo, Pablo Montero Castro, Pablo Portela Rodríguez e Sara Pérez Seijo.
2015 Entrevista a Cesáreo Canabal sobre o libro da parroquia

O sábado 11 de xullo o programa “A Revista de fin de semana” da TVG emitiu unha reportaxe sobre o libro “Santa Uxía, Ocho siglos de Comunidad” no que se recolle unha entrevista a Cesáreo Canabal Castro, párroco de Santa Uxía. Recuperamos esa peza de pouco mais de tres minutos.
20141221 Museo Parroquial de Riveira

Reportaxe emitido pola TVG o 21 de decembro sobre o novo museo parroquial de Riveira inaugurado o domingo 23 de novembro co gallo dos 150 anos da consagración do templo parroquial.