Etiqueta: Corrubedo

1955 Corrubedo dunas

A postal de hoxe traenos a imaxe das mal chamadas dunas de Corrubedo, xa que en realidade as dunas son de Olbeira. Trátase dunha imaxe da segunda metade da década dos cincuenta. As dunas forman parte do complexo que se extende desde o pobo de Corrubedo ata punta Couso. A gran duna ten unha altura media de 20 metros e 200 metros de longo, o seu movemento ven marcado polos ventos do terceiro cadrante, sudoeste,Learn More

1955 Corrubedo faro

O Faro de Corrubedo terminouse de construir 1853, e foideseñado polo enxeñeiro Celedonio Uribe, autor de numerosas obras e reformas urbanísticas levadas a cabo en Riveira na segunda metade do s. XIX. A súa torre é de seccíon troncocónica arrincando  do interior do inmoble e soporta un equipo luminoso cun foco a 14 metros de altura sobre o terreo e a 32 sobre o nivel medio do mar. Destaca a escaleira de caracol realizada naLearn More

Santa Isabel, 95 anos. Estrenase na rede o documental “A lenda do Santa Isabel”

 Este 2 de xaneiro cúmprense 95 anos do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, que embarrancou nos baixos de Sálvora en 1921 ocasionando a morte de 213 persoas, delas 64 nenos. O aniversario é aproveitado por un grupo de alumnos da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago para a realización do documental ”A lenda do Santa Isabel”. O guión da reportaxe mistura tradición e historia e así se une a lenda de Mariña e aLearn More

1965 Corrubedo

Esta fotografía ofrecenos unha perspectiva de Corrubedo no ano 1965, en concreto a  finais do mes de xullo.Trátase dunha imaxe  de pequeno tamaño que forma parte da miña colección particular. Corrubedo é un dos pobos mais emblemáticos da nosa costa,  aparece xa citado nos mapas da baixa idade media pola sua costa considerada o inicio da Costa da Morte. A principios do século XIX formou parte do incipiente e breve Concello de Olveira, que xuntoLearn More

1925 Corrubedo O Faro

Este 15 de agosto un dos nosos máis emblemáticos e históricos pobos Corrubedo, celebra a festa da súa Patroa Santa María. Como homenaxe traemos hoxe unha postal de principios dos anos vinte do século pasado no que se amosa o famoso Faro. Inaugurado en 1854 a linterna está situada a  mais de 30 metros do chan. Como curiosidade dada a sua semellanza co faro de Salvora, co luz do cal se confundía, durante unha etapaLearn More

1960 aprx Corrubedo

Esta fin de semana e coincidindo coas suas festas de verán traemos unha fotografía de Corrubedo que debe ser de finais dos 50 ou principio  dos sesenta. Alguén pode concretar mais?. Corrubedo é con Santa Uxía a parroquia da que mais fotografías vellas existen.  As súas características de típica vila galega namoraron desde sempre ós fotógrafos que fixeron da pequena parroquia moitas imaxes.

© 2022: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress