Etiqueta: 1955

1955 Corrubedo dunas

A postal de hoxe traenos a imaxe das mal chamadas dunas de Corrubedo, xa que en realidade as dunas son de Olbeira. Trátase dunha imaxe da segunda metade da década dos cincuenta. As dunas forman parte do complexo que se extende desde o pobo de Corrubedo ata punta Couso. A gran duna ten unha altura media de 20 metros e 200 metros de longo, o seu movemento ven marcado polos ventos do terceiro cadrante, sudoeste,Learn More

1955 Corrubedo faro

O Faro de Corrubedo terminouse de construir 1853, e foideseñado polo enxeñeiro Celedonio Uribe, autor de numerosas obras e reformas urbanísticas levadas a cabo en Riveira na segunda metade do s. XIX. A súa torre é de seccíon troncocónica arrincando  do interior do inmoble e soporta un equipo luminoso cun foco a 14 metros de altura sobre o terreo e a 32 sobre o nivel medio do mar. Destaca a escaleira de caracol realizada naLearn More

1955 Festas de verán

Empezan as festas de verán e non me resisto a  recuperar esta fotografía publicada na edición de El Correo Gallego na sección “Hai 25 anos”. Trátase dunha foto do malecón do ano 1991. As instalacións da recén estreada lonxa acollian os actos en honra da Virxe do Carmen. E coma non o programa de festas de 1955, completo para que podades disfrutar de como se vivian naqueles anos as chamadas “Festas tradicionais”  

1955 Grupo Escolar e casas baratas

A fotografía de hoxe lévamos á década dos 50 do século pasado. O 17 de abril de 1941, a corporación municipal do concello de Ribeira acorda encargar o proxecto de construcción do futuro grupo escolar ao aparellador coruñés Peregrino Cotellos. O 20 de xullo de 1944 a Corporación Municipal decide construír nuns terreos propiedade de José Pérez Fernández e herdeiros de Silverio Pereira situados na estrada Nova, hoxe Miguel Rodríguez Bautista, a nova agrupación escolarLearn More

1955 Vista aérea de Riveira

A fotografía de hoxe amosa unha vista de Riveira en 1955 aproximadamente. Trátase dunha colección de 6 fotos feitas en 6×6 que amosa distintas perspectivas da cidade.

1955- Programa das Festas tradicionais de Santa Uxía de Riveira

Seguimos en Festas e que mellor que lembrar como eran hai 60 anos. Traemos hoxe  o programa completo do programa de aquelas festas que tiñan lugar entre o 6 e o 9 de agosto dedicadas a San Antonio, Santísimo Sacramento, Virxen do Rosario e Virxen do Carmen. Lembraredes os nomes de comercios e rúas da nosa cidade. Espero o disfrutedes. E grazas polo apoio amosado no facebook estamos a punto de chegar ós 500 siareiros:Learn More

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress