Etiqueta: 1965
1965 Corrubedo
![](https://www.riveira.eu/wp-content/uploads/2015/08/1965-Corrubedo-WM1-150x150.jpg)
Esta fotografía ofrecenos unha perspectiva de Corrubedo no ano 1965, en concreto a finais do mes de xullo.Trátase dunha imaxe de pequeno tamaño que forma parte da miña colección particular. Corrubedo é un dos pobos mais emblemáticos da nosa costa, aparece xa citado nos mapas da baixa idade media pola sua costa considerada o inicio da Costa da Morte. A principios do século XIX formou parte do incipiente e breve Concello de Olveira, que xuntoLearn More
1965 Santa Uxía de Riveira. Avenida do Malecón
![](https://www.riveira.eu/wp-content/uploads/2015/08/1965-Malecón-Riveira-W-150x150.png)
A fotografía que traemos hoxe remóntae a finais de xullo de 1965. Enmarcase nunha colección na que amais aparecen imaxes de Aguiño e Corrubedo. Pouco que decir sobre a desfeita da fachada do dique (hoxe Malecón) daquela avenida José Antonio, Na fotografía vense o secadeiro de Colomer, e as conserveiras de Cardona e Abadiño.
1965 Riveira Avda.do Malecón
![](https://www.riveira.eu/wp-content/uploads/2014/07/1965-Riveira-Malecon-wm-150x150.png)
Esta fotografia corresponde a unha vista do malecón a zona máis emblemática de Riveira. Foi realizada sobre o ano 1965 .Nela aparecen aínda o secadeiro de Colomer, en pe está a “Fábrica de Cardona”, que se incendiou en 1967 e o lado a “Fábrica do Abadiño”. Na memoria colectiva do noso pobo lembrase aquela madrugada no que o lume arraxou cunha das máis emblemáticas conserveiras da vila. A ese suceso uneuse unha serie de circunstanciasLearn More
1965 Palmeira
![](https://www.riveira.eu/wp-content/uploads/2014/04/1965-Palmeira-e1396942109965-150x150.png)
1965 Postal de Palmeira a mediados dos sesenta.A parroquial de San Pedro preside esta vila que é das máis vellas do concello. Chegou incluso a ser concello nso anos trinta do século dezanove xuntoa Santa Uxía, Olveira e Carreira.
1965 aprx. Riveira Igrexa parroquial
![](https://www.riveira.eu/wp-content/uploads/2014/04/1965-Riveira-Igrexa-parroquial-wm-e1396941039405-150x150.png)
A imaxe amosa a praza da igrexa parroquial a principios dos sesenta. O empedrado da praza tan típico e que servia de aparcadoiro ós poucos coches que circulaban na cidade. O edificio do templo cumprirá o próximo 20 de novembro, 150 anos desde a súa consagración.