Categoría: Vida cotiá
“Caryl Chessman paseou polas rúas de Ribeira vai 64 anos, rodeado de policías”

Antón Luaces.- Tiña 38 anos cando foi executado o 2 de maio de 1960 na prisión estatal de San Quintín (Estados Unidos). Chamábase Caryl Chessman e coñeceu a vida delictiva á idade de 15 anos. Foi coñecido coma o “Bandido da lanterna roxa”, inculpado polos feitos cometidos por un criminal que levaba unha serea policial no teito do seu automóbil para confundir ás súas futuras vítimas nas rutas de California. No Entroido de 1961, unLearn More
Hai 60 anos,15 de agosto de 1961, Riveira e A Pobra, opoñianse á construción dunha refinería que foi para A Coruña

A prensa da época recollía o 15 de agosto de 1961 a oposición dos pobos da ría da instalación dunha refinería na ría de Arousa. Entre os que se opoñían estaban incluso os alcaldes entre eles o de Riveira que declaraba que: ” a refinería dañaría a ría e no nos proporcionaría ningún beneficio”. En A Pobra e Riveira creen que a refinería na Ría de Arousa significaría un gravísimo prexuizo. Titulaba a prensa: “SoLearn More
1930 Heroína riveirense hai 90 anos

Na década dos anos noventa recuperei para a historia local de Riveira a historia do naufraxio do “Vapor-correo Santa Isabel”. Un transporte marítimo non que faleceran 213 persoas o 2 de xaneiro de 1921. Sería cunha serie de artigos publicados en varios xornais galegos nos que aparecerían amais por primeira vez, fotografías de como era o buque. De aí nacería o libro “Sálvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel”, e con recuperaríase oLearn More
1945 Igrexa parroquial

Postal editada en 1945 na que se pode ver o templo parroquial. A presenza de fieis na entrada amosa que se estaba a celebrar un acto relixioso.
1975 Colegio Galaxia Boletín Informativo y Cultural

Engado hoxe o pdf do boletín do Colexio Galaxia editado en marzo de 1975. Espero que para algúns traia lembranzas.
1944 Noruega. Visita de Franco a Riveira

Corte do documental da “NRK TV Filmavisen Spania”, compañía pública de radio e televisión de Noruega, sobre a visita de Franco a Riveira. En 1944 Noruega estaba baixo o control dos nazis de ai que nos documentais da época se incluíra a visita de Franco dentro dos intercambios que facían os NODOS dos dous países. Pódese ver o video do noticiero español no” NO-DO” no enlace da nosa páxina http://www.riveira.eu/arquivos/455 O corte foi incluido no documental do díaLearn More