Etiqueta: 1975
1975 Colegio Galaxia Boletín Informativo y Cultural
Engado hoxe o pdf do boletín do Colexio Galaxia editado en marzo de 1975. Espero que para algúns traia lembranzas.
1975 Caramecheiro Riveira
A imaxe data de mediados dos anos 70 do século pasado e amosa o comenzo da praia de Coroso en Padín. O cambio foi radical co recheo feito nunha zona gañada o mar e que hoxe é o vial de entrada á zona da avenida do parque García Bayón. Lembrades o nome dá empresa que aparece á esquerda?. O fondo dá foto os edificios da Avenida da Coruña e apreciase tamén o aparcadoiro.
1975 Sala de Fiestas Cambeiro. Riveira
Hoxe traemos unha foto da “Sala de Fiestas Cambeiro” na década dos setenta. Esta lembrada sala foi fundada nos anos corenta por José Fernández Cambeiro, e para os mais mozos estaba na Praza do Concello o lado da parada de taxis. Contaba con dúas pistas, a de inverno cuberta que ocupaba o primeiro andar do edificio e a pista de verán o aire libre, que habitualmente se abría a semana de San Alberto. A “SalaLearn More
1975 aprx. Caramecheiro
A imaxe data de principios dos anos 70 e amosa a praia de Coroso no Caramecheiro. Vese o famoso aparcadoiro, o primeiro da cidade, que servía mais de pista de xogos que de garda coches. Debaixo estaba o “Club Naútico” e vese tamén a estrada da Avenida da Coruña, e na parte superior á dereita o polideportivo e o “Instituto Santa Uxía”, construídos os dous na beira do vello Camiño Real que unía Riveira conLearn More