1944 Franco visita Riveira (video)

O 9 de agosto de 1944, Franco visita Riveira. Recibido polas autoridades locais encabezadas polo alcalde, Miguel Rodriguez Bautista, o xeneral chega en medio dos aplausos do pobo no malecón , daquela Avenida José Antonio, conservando a parafernalia habitual da época.

Video Filmoteca Nacional- Nodo


Chama a atención a entrega dunha maqueta dunha dorna que fai o mariñeiro de Castiñeiras, Juan Cardona Carbanelle, e o saúdo doutros tres mariñeiros nunha situación moi curiosa. Durante a reportaxe que empeza no minuto 11 do NO-DO, vese o xeneral subindo pola praza da Igrexa o que permite ver o fondo o establecemento de Casa Baltar, onde se construiría a sede do Banco da Coruña, e segundos despois enfilando as escaleiras que o levarian pola Amarella a inaugurar a “Clínica do 18 de Julio”.
Co motivo da visita, a Corporacion decide adicar unha rúa á visita e ponlle o nome de” 9 de agosto de 1944″ á estrada que une Riveira con Carreira.

Por certo un 9 de agosto de 1739, houbo unha incursión de buques corsarios contra a vila. Veciños de Riveira, Artes,Olveira e Corrubedo, encabezados por Pedro Arias Mariño de Sotomayor, baixaron desde o lugar da Garita en Castiñeiras e vencerían os atacantes . O obxectivo do saqueo era o pazo de San Lourenzo no Pombal, que seria destruido. O pazo era a residencia do alcabaleiro e representante do tesouro e da Santa Inquisición.

Recuperamos para este artigo a información publicada por El Correo Gallego no 2008 e no que se recollen datos aportados polo  fillo de Miguel Rodriguez Bautista:

Franco chegou á praza consistorial de Ribeira ás 18.55 horas, procedente do pazo de Meirás, onde pasaba uns días de descanso. No vehículo oficial viaxaban, ademais de Carmen Polo, o xefe da Casa Militar de Franco, Agustín Muñoz Grandes. Segundo relata Francisco José Fernández Fernández no libro Memorias de Ribeira, a comitiva había ter que minorar a marcha ao atravesar A Pobra, porque os veciños apiñábanse en torno ao coche para manifestar o seu entusiasmo.

 Franco, vestido co uniforme da Falanxe, encamiñou os seus pasos cara ao salón de plenos, mentres Carmen Polo recibía un ramo de flores das representantes locais da Sección Feminina. Asomáronse ao balcón, saudaron e, tras un breve discurso, dirixíronse a pé á policlínica que había na zona da Amarella. Logo camiñaron ata a igrexa, onde unha coral interpretou o TeDeum. Acabada a misa, subíronse ao coche e dirixíronse ao malecón, onde lles esperaba unha multitude. Alí instalouse unha tribuna de madeira, ós pés da cal colocaronse unhas dornas con produtos pesqueros e varias latas de conservas.

Tras presidir o desfile no que participaron centos de falangistas de toda a provincia, Franco e o seu comitiva puxeron rumbo a un pinar da Conlleira. E é que, con motivo desta visita, organizouse unha merienda que se celebrou baixo unha carpa instalada na actual entrada ao polígono industrial, onde entón non había acceso á autovía, senón un modesto camiño cara ao monte de San Alberto, onde estaba outrora o campamento alemán (un posto de vixilancia do tráfico marítimo).

O cáterin non o serviu ningún restaurante de Ribeira, senón o establecemento A Favorita de Santiago. No menú figuraban langosta Bela Vista, medias noites fornecidas, pastelitos rellenos, emparedados variedades, rolos de jamón e mortadela e canapés de anchoa; tarta compostelana, sobremesa Sara Bernard e xeado Favorita. Todo iso regado con Long-File, Solera de 1847, Imperial Toledo e Jandilla. A imprenta Paredes fixo constar nas invitacións que a merenda tiña lugar na Conlleira.

Nos diarios da época correron ríos de tinta sobre aquela visita, que algúns interpretaron como “un xesto de achegamento de Franco aos pobos máis modestos”.

Poucos días despois, o 23 de agosto de 1944, Francisco Vélez escribía respecto diso no diario “El Pueblo Galego”: “Non sempre os xefes de Estado, nas súas visitas ao país, chegaron ás aldeas. Cando o vecindario dunha poboación era escaso, a súa opinión non preocupaba nin os seus problemas tiñan cabida nos plans de melloras do Goberno. Agora os costumes cambiaron. Ao noso xuízo, a rectificación foi humana, oportuna e conveniente. Porque xa chegan os xefes de Estado ata os burgos máis modestos, pero non de paso cara a lugares máis populosos, senón facendo escala neles”.

Franco foise aquel día ás nove da tarde. Nas actas municipais quedou constancia do custo que supuxeron para o Concello as dúas horas que Franco e a súa esposa pasaron en Ribeira: 62.182 pesetas das de entón, é dicir, o 10% do orzamento dese ano, que foi de 579.431 pesetas.

Franco recibiu a reprodución dunha dorna en madeira de caoba para a súa neta, Carmen Martínez Bordiú, realizada por un marinero de Castiñeiras: Juan Cardona Carbanelle. Carmen Polo recibiu un tríptico de madeira sobre a Anunciación .

 

One Comment to 1944 Franco visita Riveira (video)

  1. […] Corte do documental da “NRK TV Filmavisen Spania”, compañía pública de radio e televisión de Noruega, sobre a visita de Franco a Riveira. En 1944 Noruega estaba baixo o control dos nazis de ai que nos documentais da época se incluíra a visita de Franco dentro dos intercambios que facían os NODOS dos dous países. Pódese ver o video do NO-DO no enlace http://www.riveira.eu/arquivos/455 […]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress