Etiqueta: 1930

1930 Heroína riveirense hai 90 anos

 Na década dos anos noventa recuperei para a historia local de Riveira a historia do naufraxio do “Vapor-correo Santa Isabel”. Un transporte marítimo non que faleceran 213 persoas o 2 de xaneiro de 1921. Sería cunha serie de artigos publicados en varios xornais galegos nos que aparecerían amais por primeira vez, fotografías de como era o buque. De aí nacería o libro “Sálvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel”, e con recuperaríase oLearn More

1930 aprx. Banda ó Río

É dificil datar esta imaxe xa que a zona de Banda ó Río apenas cambiou ata mediados dos sesenta. En todo caso dado que non aparece o mercado municipal poderiase estimar que é anterior ós anos coarenta. Si aparece a fábrica de Cerqueiras e unha pequena parte da praia de Colomer. Seguro que podedes aportar datos. Grazas.

1930 aprx. Riveira Fábrica Cardona

Remítennos esta imaxe correspondente a unha placa das que habitualmente facían as conserveiras para promocionalos seus productos. Trátase dunha da emblemática fábrica de Cardona que se incendiou o 9 de decembro de 1967, o solar foi ocupado posteriomente polo Círculo Mercantil e Industrial, a Biblioteca Pública, o Centro cultural Lustres Rivas e a Caixa. Cardona era unha das conserveiras mais importantes da localidade riveirense. O noso agaredecento o amigo que nos fixo chegar esta imaxeLearn More

1930-Axeitos. O dolmen

Seguimos percorrido, nesta ocasión trátase dunha simpática postal dos anos 30 do século pasado no que se aprecia a un grupo de sacerdotes visitando o Dolmen De Axeitos. Alguén coñece ós protagonistas?.

1930 Castiñeiras

A fotografía amosa a actual parroquia de Castiñeiras nos anos 30 do século pasado. Por aquel entón pertencía á Parroquia de Santa Uxía e crearíase como tal en 1967. Castiñeiras é o pobo das dornas, unha embarcación típica da ría que segundo algúns investigadores remóntase ás invasións viquingas sendo unha adaptación en pequeno dos famosos drakkar. Existen varios tipos desta típica embarcación que da nome amais a unha das festas mais singulares a da dorna,Learn More

1930 Riveira altar maior

Este ano o 20 de novembro, cumprense 150 anos da consagración do templo parroquial en 1864. Esta postal editada entre 1925 e 1930, pertence á colección da serie que se editaba en albums e no que aparece o altar maior da Igrexa Parroquial de Santa Uxía. A imaxeneria foi feita en 1906 polo prestixioso artista compostelán, Maximino Magariños, quen por certo chegou a afirmar que esta obra era incluso superior á do Altar Maior deLearn More

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress