Etiqueta: Otero Goyanes
90 anos do Banco de La Coruña

O emblemático Banco de La Coruña, abría a súas portas hai 90 anos en Riveira, un luns 3 de setembro de 1928. A entidade bancaria, hoxe BBVA, sería o primeiro banco que contaría cunha oficina física en Santa Uxía, sería na rúa Venecia o lado da Farmacia Ferrer.
Posteriormente o 18 de xaneiro de 1950 o banco compraría na Praza de Otero Goyanes, hoxe Porta do Sol, unha casa de pranta baixa onde levantaría un novo edificio para instalar a súa oficina. Nese mesmo edificio que aínda hoxe acolle o banco, estaría no seu primeiro andar ata 1975, o Círculo Mercantil e Industrial, entidade que este mesmo mes cumpre tamén 90 anos e que foi fundada polo vallisoletano J. Antonio Martínez de la Devesa, con función de Cámara de Comercio.
O Banco de La Coruña foi absorbido a finais de 1970 polo Banco de Bilbao, absorción que iría parella a apertura de novas oficinas ata ser hoxe o BBVA. O Banco de La Coruña, sería a entidade promotora do despegue económico de Riveira na segunda metade do século vinte. O seu apoio débese por exemplo a posta en marcha de FRINSA, a maior das empresas do noso concello dirixida por Ramiro Carregal e que foi creada na década dos sesenta como fábrica de xeo polo Marqués de Revilla, o avogado Iglesias Corral, e a propia entidade herculina amais doutros socios locais e bancarias, pero esa é outra historia.
1954 Riveira visita do ministro de obras públicas

A fotografía recolle a visita do Ministro de Obras Públicas, Fernando Suárez de Tangil y Angulo, conde consorte de Vallellano a Riveira. Aparece na praza de Otreo Goyanes, antigua Porta do Sol e Praza do Carmen, acompañado do alcalde Miguel Rodriguez Bautista, considerado na historia popular local como o mellor rexidor que tivo a localidade. Apreciase o engalanamento tamén da Casa dos Otero. Por certo faltarían aínda dous anos para que a familia recuperase de novo a Illa de Sálvora despois de que fora expropiada en 1906 polo Ministerio da Guerra por necesidades de defensa nacional.
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
1972 Riveira Praza de José María Otero Goyanes

A postal amosa a Praza de Otero Goyanes a principios dos anos 70. Na imaxe pódese ver de esquerda a dereita o establecemento de Foto Eugenio, o de electrodomésticos Alex (non lembro o nome), a sede daquela novo Banco de Bilbao (vello Banco da Coruña), enriba a sede do Círculo Mercantil e Industrial e tamén coma non o establecemento Santos, onde estaba antigamente o barato de Riveira na década dos anos vinte do século pasado e hoxe Reloxería Montero.
Coma non aparece a Casa Solariega dos Otero, un dos seus descendentes, José María Otero Goyanes falecido en combate durante a Guerra Civil, da nome á praza que antigamente se chamaba Porta do Sol e ata principios do século XX, Praza do Carme.
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.
1967 Vista de Riveira desde o Monumento
A fotografía que traesmos hoxe corresponde a unha vista da localidade desde o Monumento o Sagrado Cozarón de Xesús. Foi publicada en 1967 e vese nela o Porto, a Praza da Igrexa, os edificios sindicais da década dos 50 (Actual Rosalía Castro), o edificio de Acción Católica, a Casa do Marqués, o Nervión, etc….
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas
1945 Xoves Santo
1945, xoves santo, membros da dotación de vixilancia do exército destinados na estación da Cunlleira, dirixianxe cara a igrexa parroquial de Riveira a rendir honores o Santísimo.
A imaxe corresponde o pelotón da dotación cun sarxento enfilando a recén rebautizada como Praza de José María Otero Goyanes, e que antiguamente se denominada como Porta do Sol e anteriormente Praza do Carmen ( finais do século XIX).
Os soldados tiñan como misión a vixiancia, custodia e colaboración na estación metereolóxica alemana que contaba con catro membros. Os soldados xermanos especialistas en metereoloxía, estiveron durante 3 ou 4 anos controlando xunto a outras estacións ubicadas na costa galega o tempo no atlántico. A información era remitida a un submarino quen a súa vez a facia chegar o mando alemán para planificar as incursións da aviación no Cantábrico. Foto M. V. Arquivo xose fdez.pazos.
©riveira.eu . Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu
1979 aprx. Praza de Otero Goyanes
A imaxe amosa a praza da igrexa parroquial a principios dos setenta. O empedrado da praza tan típico e que servia de aparcadoiro ós poucos coches que circulaban na cidade. A fotografia foi tomada probablemente en primavera ou verán xa que a sinal de prohibido aparcar colocabase cando se celebraban actos como as procesións. Dado que non habia alumeado é de supoñer q debia ser a primavera.
A imaxe amosa o Banco de Bilbao que absorbera o Banco da Coruña en 1970,primeira entidade bancaria de Riveira desde 1927. Tamén se ve parte do edificio de Acción Católica.