Categoría: Fotografías
“Cen anos do recoñecemento ás heroínas e heroes do Santa Isabel”

Este pasado 8 de xaneiro cumprironse cen anos dende que o secretario do Concello de Ribeira se desprazaba a Sálvora a facer entrega aos seus habitantes das distintas condecoracións e recoñecementos que lle foran outorgados polo Consello de Estado. Os trámites para a concesión das mesmas iniciaríanse inmediatamente tralo naufraxio, e serían a prensa da época, algúns concellos galegos, asociacións e sociedades os promotores dese recoñecemento que tería en Vigo á cidade pioneira das homenaxes, cun multitudinario acto que congregouLearn More
Hai 60 anos, un 13 de agosto, Riveira recibía mención extraordinaria pola conservación do pobo. Tres anos antes recibira o “Premio Nacional de Embellecemento de pobos”

Nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a “Cidade branca da Ría de Arousa”, as festas de verán tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao a familia Pita que o sigue facendo naLearn More
90 anos do Banco de La Coruña

O emblemático Banco de La Coruña, abría a súas portas hai 90 anos en Riveira, un luns 3 de setembro de 1928. A entidade bancaria, hoxe BBVA, sería o primeiro banco que contaría cunha oficina física en Santa Uxía, sería na rúa Venecia o lado da Farmacia Ferrer. Posteriormente o 18 de xaneiro de 1950 o banco compraría na Praza de Otero Goyanes, hoxe Porta do Sol, unha casa de pranta baixa onde levantaría unLearn More
1960 Riveira dique

A postal amosa a zona do dique nos anos cincuenta. Por aquel entón denominada Avenida de José Antonio nome imposto tralo levantamento militar do 36. O fondo aprecianse os secadeiros de Colomer e a cheminea de Cerqueiras
1955 Festas de verán

Empezan as festas de verán e non me resisto a recuperar esta fotografía publicada na edición de El Correo Gallego na sección “Hai 25 anos”. Trátase dunha foto do malecón do ano 1991. As instalacións da recén estreada lonxa acollian os actos en honra da Virxe do Carmen. E coma non o programa de festas de 1955, completo para que podades disfrutar de como se vivian naqueles anos as chamadas “Festas tradicionais”
(Riveira) Colexio anos 40 ou 50

Pois traemos hoxe esta fotografía dos anos 40 ou 50. Si coñecedes ós que nela aparecen esperamos os vosos comentarios para recupera-lós seus protagonistas. Colexio el Pilar?. Por favor escribídenos a” redaccion@riveira.eu” e iremos engadindo os nomes.