“Cen anos do recoñecemento ás heroínas e heroes do Santa Isabel”

Este pasado 8 de xaneiro cumprironse cen anos dende que o secretario do Concello de Ribeira se desprazaba a Sálvora a facer entrega aos seus habitantes das distintas condecoracións e recoñecementos que lle foran outorgados polo Consello de Estado.

Os trámites para a concesión das mesmas iniciaríanse inmediatamente tralo naufraxio, e serían a prensa da época, algúns concellos galegos, asociacións e sociedades os promotores dese recoñecemento que tería en Vigo á cidade pioneira das homenaxes, cun multitudinario acto que congregou a milleiros de persoas a finais de xaneiro de 1921 para honrar ás heroínas.
Naquela notificación, a alcaldía ribeirense informaba que o Consello de Estado aprobaría o ingreso na Orden Civil de Beneficencia, e a concesión da Cruz de Salvamento Marítimo de terceira clase con distintivo negro e branco aos veciños de Sálvora Juan Parada, Juan Fernández, José Parada, José Oujo, Manuel Caneda, Francisco Oujo, Josefa Parada, María Fernández, José Oujo, Cipriana Oujo e Cipriana Crujeiras polos heroicos e abnegados servizos prestados aos náufragos do vapor español Santa Isabel, na illa de Sálvora no concello de Ribeira.
A concesión das condecoracións iría acompañada da cantidade de tres mil pesetas e unha pensión vitalicia, que co paso do tempo non deixou de ser simbólica. A prensa coruñesa promovería unha subscrición popular que logrou recadar cinco mil trescentas pesetas; a esta acción uníronse o Círculo de Artesanos e o Sindicato Unión del Puerto da Coruña.

Desde México e Arxentina
O valor das mulleres, que pasaron á historia co nome de Heroínas de Sálvora, e o dos veciños da aldea sería recoñecido incluso polos emigrantes galegos en México e Bos Aires, os cales remitiron cartos para axudar ás familias que interviñeran no naufraxio. O diñeiro, sen embargo, como acostuma acontecer nestes casos, non chegou nunca ás mans dos beneficiarios pois alguén decidiu quedar con eles, a pesar de que en principio se acordara repartilos entre tódolos veciños da aldea.
Igualmente o segundo oficial, don Luís Cebreiro, o grande heroe do naufraxio, foi condecorado polo Consello Superior da Sociedade Española de Salvamento coa medalla de ouro, sendo a décimo cuarta que no espazo de 40 anos se concedía.

O primeiro en unirse á petición de condecoración deste oficial foi o alcalde do Concello de Ribeira, don Emilio Colomer, quen dirixiu a seguinte mensaxe ao gobernador civil da provincia: «Con motivo de la tremenda catástrofe ocurrida en la Ría de Arosa y en punto que pertenece la isla de Sálvora al término municipal al que da nombre esta ciudad con la pérdida total del correo transporte Santa Isabel cuyo siniestro es bien público, llega a conocimiento de esta alcaldía por manifestaciones de personas significativas en la localidad y de todos los supervivientes de la mencionada catástrofe, que son dignos de especial mención los actos de heroísmo que el segundo oficial del expresado barco, don Luis Cebreiro López, hizo no solo para salvarse él, sino para auxiliar a sus semejantes, tanto pasajeros como tripulantes.
Es un hecho público desde los primeros momentos, relatados en la misma isla de Sálvora por los naufragas supervivientes, por los vecinos de aquel lugar y por las personas de este pueblo que acudieron a prestar auxilio en embarcaciones tan luego conocieron la catástrofe, que llamó la atención ante todos el decidido arrojo y la abnegación del referido don Luís Cebreiro López, dirigiendo las operaciones de salvamento, contando como contaba con tan pocos elementos y luchando contra el más poderoso, que eran los embates del mar que destruía toda embarcación contra los restos del buque, y gracias a su valor y pericia pudieron salvarse la mayoría de los supervivientes en el único bote que le quedaba en relativas condiciones».
Tamén os tripulantes do Rosiña, o axudante de Mariña de Ribeira Gabriel Basterrechea e outras persoas veciñas de Ribeira que interviñeran no naufraxio recibirían diversas condecoracións pola súa participación no rescate e pola acollida das vítimas.

Trasladados a Cádiz
A Compañía Trasatlántica Española, propietaria do Santa Isabel, dispuxo que os 37 pasaxeiros que tiñan previsto embarcar en Vilagarcía aquela madrugada, e os 212 previstos para subir en Vigo o día seguinte do naufraxio, foran trasladados en tren a Cádiz para embarcar no Reina Victoria Eugenia, un transatlántico cualificado de gran marcha e con tres hélices procedente de Barcelona-Valencia e con ruta a Montevideo e Bos Aires, a onde tiña que ter embarcado a pasaxe do vapor-correo.
Hoxe, cen anos despois, lembramos o papel daquelas mulleres, homes e veciños que puxeron o seu valor, humanidade e entrega por riba das súas propias vidas.
Xosé Mª Fernández Pazos, Cronista Oficial de Ribeira, Director de O Barbanza e Código Cero.-