Etiqueta: peirao
Helicoptero en Santa Uxía
Hoxe subimos dúas fotos curiosas que nos chegan por un lector da aterraxe dun helicóptero na explanada do porto e a expectación que levantou entre os veciños. Non temos datadas as fotografías polo que si alguén sabe algún dato agradeceríase o comentásedes. Deben ser de principio dos sesenta.
1968 Santa Uxía vista nocturna
Espectacular imaxe do casco urbano de Santa Uxía a finais da década dos 60. A fotografía tomada no serán, amosa a cidade conservando aínda todo o seu encanto si ben empezan a construírse xa os “mamotretos” que marcaron e marcan o feísmo local das décadas posteriores. Santa Uxía empezaba a perder o encanto da “Cidade Branca da Ría de Arousa” que lle dera o premio nacional de embelecemento de pobos en 1959. Vese aíndaLearn More
1930 Riveira porto
Seguimos avanzando no noso percorrido pola historia fotográfica local. A pesar de que ninguén se anima a colaborar tentarei non desanimarme e o que se di neste caso non tirar a toalla. A imaxe de hoxe amosa unha imaxe dos anos 30 do peirao de Riveira. Construido inicialmente no 1800 esta zona seria reformada e pasaria de ser dunha estructura de madeira a unha de pedra tendo varias fases de mellora e ampliación que aindaLearn More
1959 Riveira aérea
A imaxe foi tomada a finais da década dos 50 principios dos 60, de aí que a datemos nese ano. Estaba en fase de construcción o peirao da lonxa. Poucos comentarios que facer a esta fotografía na que se apreza a beleza da localidade e a súa “potencia” industrial. Santa Uxía recibira o ano 1959 o “Premio Nacional de embellecimiento de Pueblos“. P.D. Lamento o da marca de auga pero xa vos dixen que estanLearn More
1914 Porto de Riveira
A imaxe corresponde a unha reproducción recollida por un album de fotos editado polo Círculo Mercantil e Industrial de Riveira en 1975, co gallo do seu 50 aniversario. É parte dunha colección de postais editado polo “Barato de Riveira”, Casa Baltar, establecemento ubicado na actual sede do BBVA na Praza de Otero Goyanes(ver 1914 Porta do Sol (Praza de Otero Goyanes) e que consta dun album dos anos dez de 1900 e que constaba dunhas 20 imaxes. EnLearn More
1966 O malecón na década dos 60
Recuperamos hoxe esta postal de mediados dos sesenta que nos ofrece unha perspectiva do malecón, daquela Avenida de José Antonio Primo de Rivera. Riveira que obtivera en 1959 o “Premio Nacional de embellecemento de pobos”, conservaba aínda o encanto das vilas mariñeiras e facia honra do lema que a fixera popular ” a cidade branca da Ría de Arousa”. A imaxe amosa as conserveiras de Cardona o Abadiño e a salazonera de Colomer. En primeiroLearn More