Etiqueta: 1966
1966 Vista xeral de Riveira
Emblemática postal xa clásica na que aparece unha vista do centro dá Vila. En primeiro termo á dereita (portón de coor verde) a capela do “Paso de Xesús na horta das Oliveiras” na rúa Cristobal Colón, construída dez anos antes para gardar a imaxe. Detrás a” Sala de Festas Cambeiro” e enfronte o “Consitorio”, construído a principios do século XX e ampliado na década de 1940. Diante aparece a rebautizada como “Praza de Calvo Sotelo”, antigamente Campo do Fraile. Na parte superior esquerda, aparecen os “Talleres El Nervión”. A fotografía corresponde a unha postal editada non ano 1966.
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
1966 O malecón na década dos 60
Recuperamos hoxe esta postal de mediados dos sesenta que nos ofrece unha perspectiva do malecón, daquela Avenida de José Antonio Primo de Rivera. Riveira que obtivera en 1959 o “Premio Nacional de embellecemento de pobos”, conservaba aínda o encanto das vilas mariñeiras e facia honra do lema que a fixera popular ” a cidade branca da Ría de Arousa”. A imaxe amosa as conserveiras de Cardona o Abadiño e a salazonera de Colomer. En primeiro plano á dereita a casa de portos onde se atopaba o motor que permitia subilo los barcos o dique.
©riveira.eu
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info