Etiqueta: Parroquia de Santa Uxía
2015 Entrevista a Cesáreo Canabal sobre o libro da parroquia

O sábado 11 de xullo o programa “A Revista de fin de semana” da TVG emitiu unha reportaxe sobre o libro “Santa Uxía, Ocho siglos de Comunidad” no que se recolle unha entrevista a Cesáreo Canabal Castro, párroco de Santa Uxía. Recuperamos esa peza de pouco mais de tres minutos.
2015 “Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de comunidad”


De esquerda a dereita: Cesáreo Canabal (Párroco) acompañado de parte dos autores Esther Del Castillo, Antón Luaces, Xosé María Fdez.Pazos (Coordinador da obra) e Manuel Mirás secretario de Cáritas Ribeira.
Dez autores desde profesores da universidade, institutos, historiadores, xornalistas, teólogos e fregueses, traballaron de maneira altruísta e nesta obra durante mais de dous anos coordinados polo historiador e xornalista, Xosé María Fernández Pazos. “Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de comunidad” leva una introdución do Arcebispo de Santiago, Monseñor Julián Barrio Barrio e un saúdo do párroco, Cesáreo Canabal Castro.
O longo do texto o lector descubrirá os documentos máis vellos no que aparece a orixe do primeiro topónimo da parroquia no século XIII. A obra está impresa a todo cor en tapa dura e profusamente ilustrado con preto de 300 fotografías e reproducións de documentos, moitos deles cedidas polos fregueses. Os beneficios do libro serán destinados integramente a obras sociais da parroquia de Santa Uxía e pódese conseguir nas librarias da localidade que colaboran xenerosamente na súa venda.
Coa edición deste libro completanse os actos conmemorativos do aniversario do templo que tivo o pasado 23 de novembro a inauguración do museo parroquial.
20141221 Museo Parroquial de Riveira

Reportaxe emitido pola TVG o 21 de decembro sobre o novo museo parroquial de Riveira inaugurado o domingo 23 de novembro co gallo dos 150 anos da consagración do templo parroquial.
1949 Pelegrinaxe da Virxe de Fátima
O 6 de maio de 1949 chegaba a Riveira a imaxe pelegrina da Virxe de Fátima . Viña recorrendo desde Portugal as vilas españolas parando nas parroquias, a Santa Uxía chegaba desde Puebla e Rianxo -Asados. Entraba polos Remedios e baixou cara á parroquial momento que recolle a imaxe que como se ve congregou a centos de veciños en procesión
©riveira.eu
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu
Riveira-150 anos da Igrexa Parroquial
O vindeiro 2014 faranse 150 anos da Consagración do
templo parroquial de Santa Uxía de Riveira. Co gallo
deste aniversario a parroquia vai iniciar diversos actos
que empezarán coa recollida de material fotográfico,
xornalístico e documental referido á parroquia, o pobo e os seus
acontecementos.
Trátase de render homenaxe á vila e ás súas xentes e para iso
necesitamos a colaboración de todos, e facer deste proxecto
unha obra colectiva involucrando a veciños, institucións, organismos,
asociacións e empresas.
A Parroquia fai un chamamento a todos aqueles que posúan
fotos, recortes de prensa, e documentos anteriores a 1990 que
consideren de interese xeral, para que as cedan con este fin, coa
garantía de devolución, o que se fará do seguinte xeito:
1. A recollida de material farase no despacho parroquial de
luns a venres de 12 a 14 horas, entregándose un recibo-xustificante
da súa recepción. Aquelas persoas que non poidan
entregalo poden tamén avisar ben por correo electrónico a
“parroquiasantauxía@riveira.info” ben no número 609 800
950 e pasarase a recoller o material.
2. Posteriormente farase un escaneado das imaxes e documentos,
onde se fará constar o autor, lugar e data de realización e
no seu defecto a persoa que o cede. Deseguido devolverase o
orixinal ó seu propietario.
3. A Parroquia procederá a escoller as mellores fotografías e
documentos, que serán utilizados na exposición que se abrirá
a mediados do ano vindeiro nos salóns parroquais.
4. A Parroquia, en colaboración con entidades que patrocinarán
o proxecto, vai editar un libro-catálogo que recolla as imaxes,
o que permitirá perpetuar a vella Riveira, as súas xentes,
edificios, rúas…etc.
5. Os beneficios da venda do libro catálogo, serán destinados
integramente a fins sociais da parroquia.
Para máis información:
609 800 950
parroquiasantauxia@riveira.eu
http://www.riveira.eu