Etiqueta: 1950
1950 Riveira Grupo Escolar
A fotografía de hoxe lévamos á década dos 50 do século pasado. Aqui vemos a un grupo de rapaces xogando no patio do Grupo Escolar. Recuperamos algúns datos históricos deste emblemático centro publicados na páxina de educación: O 17 de abril de 1941, a corporación municipal do concello de Ribeira acorda encargar o proxecto de construcción do futuro grupo escolar ao aparellador coruñés Peregrino Cotellos. O 20 de xullo de 1944 a Corporación Municipal decideLearn More
1950aprx. Visita Cardeal Quiroga Palacios a Riveira
Propoñemovos hoxe que nos axudedes. Esta fotografía que datamos na década dos anos cincuenta, reune a membros da Acción Católica co que fora Cardeal Quiroga Palacios. Querriamos saber quenes eran os que aparecen na foto, algúns deles claramente identificados pero outros con dúbida. Sabedes quenes son?. Grazas ©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
1950 Peirao Riveira
Traemos hoxe unha fotografía dos anos cincuenta do século pasado. Como se ve aínda nin siquera se iniciara a construcción da outra parte do dique e tampouco se ampliara o lado dereito ata o faro da punta. Preciosa imaxe na que se ve a frota artesán e en primeiro plano a esplanada do dique.
1950 Vista aérea de Riveira
A imaxe ofrecenos unha perspectiva aérea de Riveira dos anos 50. Apreciase claramente na imaxe as estradas do Son-Noia e de Padrón, as dúas conservando aínda os típicos “plataneros” que bordeaban as calzadas. Tamén se ve a vella lonxa e os primixenios peiraos. Facendo un barrido pola fotografía apreciase por exemplo a Avda.Miguel Rodriguez Bautista e as inicipentes casas baratas, o grupo escolar, as naves de Talleres El Nervión, na chamada entón rúa Alcazar deLearn More
1950 Riveira
Esta fotografía corresponde a unha postal editada nos anos 50 do século XX. Vese nela unha imaxe da cidade co peirao á dereita e a dársena aínda sen pechar. A estrada de Martín en primeiro termo e á dereita Bandourrio, xunto a Deán o núcleo orixinario da vila.