Etiqueta: Quiroga Palacios
1964 Quiroga Palacios en Riveira

Durante anos o “Monumento o Sagrado Corazón” presidiu desde a distancia toda a cidade de Riveira. Visible desde moitos puntos da costa e da ría ata que quedou rodeado de edificios, ocupa a parte mais alta do centro urbano, dando nome incluso a todo a barriada na que está ubicado: O Monumento.
Trátase da imaxe dun Cristo de dous metros e medio de altura que, cos brazos extendidos, coroa un pedestal dunha altura equivalente á de catro pisos e na base da cal existe unha capela. Nela está soterrado o que fora párroco de Riveira, Juan Bautista Boo Romero.
Este monumento fue construido en 1964 pola empresa Obrascom, por iniciativa de Josefa Santos e tras unha colecta popular, nun terreo doado á Igrexa por Manuel Picher. Sería o Cardeal Quiroga Palacios o que o inaugurou en xuño de 1964, día o que corresponde a imaxe.
1950aprx. Visita Cardeal Quiroga Palacios a Riveira

Propoñemovos hoxe que nos axudedes. Esta fotografía que datamos na década dos anos cincuenta, reune a membros da Acción Católica co que fora Cardeal Quiroga Palacios. Querriamos saber quenes eran os que aparecen na foto, algúns deles claramente identificados pero outros con dúbida. Sabedes quenes son?. Grazas
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
1964 Riveira. O “Monumento”cincuenta anos da súa Consagración

O “Monumento”cincuenta anos da súa Consagración.
Coincidindo co centenario da consagración da Igrexa Parroquial de Santa Uxía, un grupo de veciños da localidade iniciaba en 1961-62 o proxecto de construción dun Monumento o Sagrado Corazón de Xesús.