1964 Riveira. O “Monumento”cincuenta anos da súa Consagración
O “Monumento”cincuenta anos da súa Consagración.
Artigo de Xosé Fdez. Pazos, historiador e xornalista. (riveira.eu)
Este ano 2014 está marcado por múltiples aniversarios da nosa pequena crónica local. Hoxe lembramos un deles dos que se cumpre medio século.
Coincidindo co centenario da consagración da Igrexa Parroquial de Santa Uxía, un grupo de veciños da localidade iniciaba en 1961-62 o proxecto de construción dun Monumento o Sagrado Corazón de Xesús.
Coincidindo co centenario da consagración da Igrexa Parroquial de Santa Uxía, un grupo de veciños da localidade iniciaba en 1961-62 o proxecto de construción dun Monumento o Sagrado Corazón de Xesús.
Para aquela iniciativa encabezada por Josefa Santos, tomáronse como referencia os distintos monumentos que existían no mundo como por exemplo o de Rio de Janeiro, San Juan de Aznalfarache…etc.
O lugar elixido para a construción dominaba por aqueles anos toda a Ría de Arousa, o que facía que o futuro monumento adquirise unha imaxe impresionante, sobre todo polas noites, cando quedaba iluminado espectacularmente e era visible desde boa parte da costa e do mar o non existir edificios mais altos o seu redor.
A súa situación daría denominación o barrio que leva aínda hoxe o seu nome “Monumento Sagrado Corazón de Xesús”, aínda que popularmente é coñecido como “O Monumento”.
A torre sobre o que se sitúa a imaxe está coroada por unha escultura do Sagrado Corazón de dous metros e medio de altura, foi realizada polo artista santiagués J.Aldrey, e representa a Cristo cos brazos estendidos situado sobre un pedestal dunha altura equivalente a 4 pisos. O seu pe hai unha cripta para o culto que acolle hoxe os restos de don Juan Bautista Boo, á sazón o párroco na época no que se fixo o Monumento.
Por iniciativa de Josefa Santos e tras unha colecta popular, o templo sería edificado nun terreo doado á Igrexa por Manuel Picher. A obra seria realizada pola empresa Obrascon. Este edificación foi consagrada tal día como hoxe un domingo de hai cincuenta anos o 28 de xuño de 1964 polo Cardeal Fernando Quiroga Palacios.
O monumento está situado nunha gran zona de pouco mais de 700 metros cadrados no que convive unha escalinata con zonas verdes e nas que hai varios cipreses e palmeiras. Da inauguración, das obras e de vistas do lugar pódese ver unha ampla reportaxe no portal www.riveira.eu.
Desgraciadamente a zona e o monumento presenta un estado bastante deteriorado e apenas se realizan actividades relixiosas que nos últimos tempos quedas limitadas a dúas festas o ano. As prioridades e a pouca operatividade como centro de culto debido ás súas reducidas dimensións, e o feito de quedar rodeado por edificios que o encaixaron abocaron o Monumento case o esquecemento.