Etiqueta: Cambeiro

1960 Vista de Santa Uxía

Espectacular vista de Santa Uxía desde a Rúa Cristobal Colon. Apreciase en primeiro termo a Sala de Festas Cambeiro, á esquerda o tellado do Consistorio e á dereita as casas de protección oficial recén construidas da rúa Rosalía de Castro. 

1970 Aprox. Festa da Dorna

24 de xullo cumprense 67 anos da posta en marcha da Festa da Dorna. A historia da mesma aparece recollida na páxina da Confradia, e hoxe do arquivo inicial creado polo lembrado Alejandro Llovo (D.E.P), traemos unha imaxe que recolle as xuntanzas que se celebraban na Sala de Festas Cambeiro e que servia de prólogo o baile de gala que empezaba ás 12 da noite. Emilio Sanmamad e a súa esquerda Constantino Cobas Alvarez,  xunto conLearn More

1950 Vista aérea de Riveira

A imaxe ofrecenos unha perspectiva aérea de Riveira dos anos 50. Apreciase claramente na imaxe as estradas do Son-Noia e de Padrón, as dúas conservando aínda os típicos “plataneros” que bordeaban as calzadas. Tamén se ve a vella lonxa e os primixenios peiraos. Facendo un barrido pola fotografía apreciase por exemplo a Avda.Miguel Rodriguez Bautista e as inicipentes casas baratas, o grupo escolar, as naves de Talleres El Nervión, na chamada entón rúa Alcazar deLearn More

1949 Invitación festa da dorna

En 1948 un grupo de amigos pon en marcha a raíz do sorteo dunha pequena dorna, unha iniciativa en plan “carallada” coa botadura dunha embarcación chamada “Virxe do Carmen”.  Aquela festa inicial que teria lugar na “Sala La Granja” no barrio da Amarella convertiríase co paso dos anos nun acto de solidariedade. O ano seguinte en 1949, celebrariase o primeiro baile de gala que tería lugar na “Salón Cambeiro”, cedido durante anos para a recadaciónLearn More

1960 Vista aérea de Riveira

A imaxe amosa unha vista aérea de Riveira a principios dos anos 60. Ofrece a fotografía un aspecto do centro de Santa Uxía, desde a parroquial, a Casa Consistorial, a Sala de Festas Cambeiro”,  o porto coa dársena ou a “Clínica 18 de xullo”, que aparece na parte superior dereita, entre outros moitos edificios. Tratase dunha reprodución que forma parte dunha serie de imaxes que recolle a vila en todo ou seu explendor, cando aíndaLearn More

1960 San Cristovo. Festas de verán

Dous periodos de festas habia en Riveira. As tradicionais do verán en agosto, que co paso do tempo foron tomando mais pulo ata converterse nas principais, e as dá Patroa, en setembro. Por certo estas últimas chegaban a xuntar as celebracións de varias festas locais e nalgunha ocasión tiveron duas semanas enteiras de festas. A imaxe amosa a celebración dá festa en honra a San Cristovo patrón dos condutores. A imaxe subida a un camiónLearn More

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress