Etiqueta: Talleres Nervión
1950 Vista aérea de Riveira

A imaxe ofrecenos unha perspectiva aérea de Riveira dos anos 50. Apreciase claramente na imaxe as estradas do Son-Noia e de Padrón, as dúas conservando aínda os típicos “plataneros” que bordeaban as calzadas. Tamén se ve a vella lonxa e os primixenios peiraos. Facendo un barrido pola fotografía apreciase por exemplo a Avda.Miguel Rodriguez Bautista e as inicipentes casas baratas, o grupo escolar, as naves de Talleres El Nervión, na chamada entón rúa Alcazar de Toledo…
A fotografia pertence a unha serie de varias das que xa publicamos algunha en www.riveira.eu
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.
1967 Vista de Riveira desde o Monumento
A fotografía que traesmos hoxe corresponde a unha vista da localidade desde o Monumento o Sagrado Cozarón de Xesús. Foi publicada en 1967 e vese nela o Porto, a Praza da Igrexa, os edificios sindicais da década dos 50 (Actual Rosalía Castro), o edificio de Acción Católica, a Casa do Marqués, o Nervión, etc….
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas
1960 Dársena de Riveira
A imaxe do ano 1960 amosa a dársena do porto de Riveira xa coa sua configuración caseque definida. Vese a zona do asteleiro onde se subian vos barcos para ao seu arranxo, e xa na primeira fila de vivendas e de esquerda a dereita, a Casa de Vilas, a fábrica de Cardona coa sua cheminea, a fábrica do Abadiño e os talleres “El Nervión”.
Diante da fábrica de Cardona vense ainda os bloques que servían para a ampliación do porto que se estaba a facer neses anos.
Destaca o aspecto branco de todolos edificios, polo que a cidade conseguiría o título de “Premio Nacional de Embellecimiento de Pueblos de 1959”. Ese aspecto branco serviría de lema o título de “Cidade branca da Ría de Arousa”, títulos conseguidos sendo Alcalde, Miguel Rodriguez Bautista.
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info.Grazas