Etiqueta: Xosé María Fernández Pazos
“Herrera en COPE” trata este luns 30 de setembro o debate da B e da V de Santa Uxía
20190930.- O programa da cadena COPE tratará esta maña a partir das 12 do mediodía a polémica do uso da “b” ou da” v” no topónimo da capital barbanzán. O programa presentado por Jon Uriarte dentro de “Herrera en Cope” será en emisión nacional. O tema volta a actualidade a raíz dunha proposición no pleno municipal de setembro que esta tarde debatirá o cambio do haxiotopónimo. A proposición faina o PsdeG- Psoe e con casequeLearn More
90 anos do Banco de La Coruña
O emblemático Banco de La Coruña, abría a súas portas hai 90 anos en Riveira, un luns 3 de setembro de 1928. A entidade bancaria, hoxe BBVA, sería o primeiro banco que contaría cunha oficina física en Santa Uxía, sería na rúa Venecia o lado da Farmacia Ferrer. Posteriormente o 18 de xaneiro de 1950 o banco compraría na Praza de Otero Goyanes, hoxe Porta do Sol, unha casa de pranta baixa onde levantaría unLearn More
80 anos do asasinato de Lustres Rivas
O de 10 de novembro cumpriranse 82 anos do asasinato en 1936 en Redondela do xornalista e escritor José Manuel Antonio Lustres Rivas. La Voz de Galicia edición Barbanza, publicara hai dous anos un artigo meu non que se recollen, moi resumidos, datos sobre o fillo predilecto de Riveira. Amais podedes ver mais datos noutra entrada dá nosa páxina sobre Lustres. Lustres Rivas o grande esquecido ——– O chegar á universidade na década dos setenta, caeuLearn More
Santa Isabel, 95 anos. Estrenase na rede o documental “A lenda do Santa Isabel”
Este 2 de xaneiro cúmprense 95 anos do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, que embarrancou nos baixos de Sálvora en 1921 ocasionando a morte de 213 persoas, delas 64 nenos. O aniversario é aproveitado por un grupo de alumnos da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago para a realización do documental ”A lenda do Santa Isabel”. O guión da reportaxe mistura tradición e historia e así se une a lenda de Mariña e aLearn More
20150822 Reportaxe La Voz de Galicia sobre riveira.eu
La Voz de Galicia dedicounos o sábado unha pequena reportaxe o noso portal www.riveira.eu, como consecuencia tivemos mais de 1.270 visitas nun día o que anima a seguir adiante con este pequeno proxecto. No que vai de verán superamos xa as 17.000 visitas e mais de 600 siareiros no facebook. Grazas a todos polo apoio e seguiremos subnido 2 ou 3 imaxes por semana. Por certo animaros a participar e facer comentarios ou mandar fotos.
1965 Corrubedo
Esta fotografía ofrecenos unha perspectiva de Corrubedo no ano 1965, en concreto a finais do mes de xullo.Trátase dunha imaxe de pequeno tamaño que forma parte da miña colección particular. Corrubedo é un dos pobos mais emblemáticos da nosa costa, aparece xa citado nos mapas da baixa idade media pola sua costa considerada o inicio da Costa da Morte. A principios do século XIX formou parte do incipiente e breve Concello de Olveira, que xuntoLearn More