Etiqueta: dique

1964 Santa Uxía de Riveira vista xeral

Grazas os amigos que nos escriben e comentan temas e fotos. Xa sabedes que podedes poñervos en contacto a través de” redaccion@riveira.eu” -ou do tfno 609 800 950. Hoxe traemos esta postal do ano 1964 na que se aprecia unha vista da cidade. Xa está construido o dique  da lonxa feito a finais da década dos cincuenta e en primeiro plano apreciase o barrio do Pombal, orixe do pobo e a fábrica de Busoms….  Learn More

1914 Santa Uxía de Riveira Dique

Tres son os puntos de referencia habitual das fotografías e postais da primeira metade do século XX sobre Santa Uxía. O concello, a igrexa e o dique. Esta espectacular fotografía ofrece unha imaxe de toda a fachada do dique ou malecón do porto de Santa Uxía. Publicada nun álbum de 1914 dos que facia “O barato de Ribeira” (actualmente a Joyeria Montero) permítenos apreciar como era a recen nomeada cidade, destacando as salgadeiras e conserveiras.

1980 Riveira dique

Esta fotografía corresponde a unha vista do malecón a zona máis emblemática de Riveira. Foi realizada a finais da década dos 70.  Dos vellos edificios apenas quedan restos. O edificio da Caixa ocupara xa o Abadiño e o Mercantil a Fábrica de Cardona. e loxicamente o fondo Coroso. Fixarvos no Monte de San Alberto, lucia aínda un frondoso verde unicamente alterado polo depósito do lixo.  

1960 Dique(malecón) Riveira

Tralo tempo estival retomamos a suba de imaxes e documentos sobre os nosos pobos. Hoxe facemolo con esta imaxe do dique- malecón- nos anos sesenta, tal vez finais dos cincuenta. Como non en primeiro plano o secadero de bacallau de Colomer. Algunha aportación?

1965 Santa Uxía de Riveira. Avenida do Malecón

A fotografía que traemos hoxe remóntae a finais de xullo de 1965. Enmarcase nunha colección na que amais aparecen imaxes de Aguiño e Corrubedo. Pouco que decir sobre a desfeita da fachada do dique (hoxe Malecón) daquela avenida José Antonio, Na fotografía vense o secadeiro de Colomer, e as conserveiras de Cardona e Abadiño.

1950 Peirao Riveira

Traemos hoxe unha fotografía dos anos cincuenta do século pasado. Como se ve aínda nin siquera se iniciara a construcción da outra parte do dique e tampouco se ampliara o lado dereito ata o faro da punta. Preciosa imaxe na que se ve a frota artesán e en primeiro plano a esplanada do dique.  

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress