Etiqueta: Colomer

1960 Riveira dique

A postal amosa a zona do dique nos anos cincuenta. Por aquel entón denominada Avenida de José Antonio nome imposto tralo levantamento militar do 36. O fondo aprecianse os secadeiros de Colomer e a cheminea de Cerqueiras    

1960 Secadeiro de Colomer Riveira

Lembro con especial agarimo esta imaxe que me leva á nenez. Nesta rúa que recuperou ou seu nome orixinal nos últimos lustros “Campo de Marte”, discurreu a miña infancia. Aqueles anos levaba ou nome de” General Sanjurjo”. O secadeiro de Colomer enchía co seu cheiro a salitre toda a veciñanza. Seguro que moitos de vos lembrades ainda esa rúa hoxe ocupada por unha clínica e un edificio cheo de bares e que conserva o caserónLearn More

1960 Dique(malecón) Riveira

Tralo tempo estival retomamos a suba de imaxes e documentos sobre os nosos pobos. Hoxe facemolo con esta imaxe do dique- malecón- nos anos sesenta, tal vez finais dos cincuenta. Como non en primeiro plano o secadero de bacallau de Colomer. Algunha aportación?

1965 Santa Uxía de Riveira. Avenida do Malecón

A fotografía que traemos hoxe remóntae a finais de xullo de 1965. Enmarcase nunha colección na que amais aparecen imaxes de Aguiño e Corrubedo. Pouco que decir sobre a desfeita da fachada do dique (hoxe Malecón) daquela avenida José Antonio, Na fotografía vense o secadeiro de Colomer, e as conserveiras de Cardona e Abadiño.

1970 aprx. Riveira-Praia de Colomer

Estes días de calor seguro que moitos añorades a vella praia da cidade que permitía facer unha escapada o mediodía.  A fotografía, da que puxemos unha data aproximada, amosa a praia de Colomer.  Na marxe central superior apreciase o mercado de abastos actualmente o Auditorio e á esquerda a chimenea da fábrica da actual Cerqueiras, antiguamente Pereira. O fondo o barrio da Bandourrío que xunto a Deán é o núcleo orixinario da cidade. Nos anosLearn More

1958 apr. Riveira volta ciclista

Recuperamos hoxe esta imaxe dunha carreira ciclista no dique ( Actual Avda. do Malecon)  por aquel entón Avda. José Antonio. Era a finais dos cincuenta, si ben non podo datar con exactitude a data da fotografiía nin o acontecemento a existencia dos edificios como Colomer, Cardona, Abadiño, Nervión, etc., situa a imaxe nesas datas. Alguén pode aportar algún dato?. Grazas  

© 2025: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress