Etiqueta: Colomer

1965 Riveira Avda.do Malecón

Esta fotografia corresponde a unha vista do malecón a zona máis emblemática de Riveira. Foi realizada sobre o ano 1965 .Nela aparecen aínda o secadeiro de Colomer, en pe está a “Fábrica de Cardona”, que se incendiou en 1967 e o lado a “Fábrica do Abadiño”. Na memoria colectiva do noso pobo lembrase aquela madrugada no que o lume arraxou cunha das máis emblemáticas conserveiras da vila.  A ese suceso uneuse unha serie de circunstanciasLearn More

1960 Riveira Bandourrio

Cheganos esta imaxe aérea da barriada de Bandourrio, con Deán, os núcleos orixinarios  da cidade. Ainda se ven as fábricas de Valeiras no Touro o fondo, e Cerqueiras en primeiro plano e como non a salazonera de Colomer que daba nome á máis popular das praias da cidade. Como se aprecia na imaxe estabamos en primavera ou verán xa que a praia estaba moi concorrida.  ©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxeLearn More

1974 Riveira Avda.José Antonio Primo de Rivera

Recuperamos hoxe esta postal de mediados dos setenta que nos ofrece unha perspectiva do malecón, daquela Avenida de José Antonio Primo de Rivera. Riveira que obtivera en 1959 o “Premio Nacional de embellecemento de pobos”, conservaba xa pouco das vilas mariñeiras que a fixera popular ” a cidade branca da Ría de Arousa”. A imaxe amosa o solar da  fábrica de Cardona que se incendiou o 9 de decembro de 1967. O seu lado oLearn More

1960 Riveira Praia de Colomer

A fotografía amosa a praia de Colomer, xunto a de Coroso a que acudia a xente da cidade.  Na marxe esquerda apreciase o mercado de abastos, actualmente o Auditorio, e detrás a actual  fábrica de Cerqueiras, antiguamente Pereira. O fondo o barrio da Bandourrio que xunto a Deán é o núcleo orixinario da cidade. ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ouLearn More

1940 Riveira porto

Esta espectacular fotografía de apenas uns cms de ancho no seu orixinal, ofrece unha imaxe do peirao e das fábricas existentes na época en Santa Uxía. En primeiro termo os tellados do secadeiro de bacallau de Colomer. Vense tamén as fábricas de Cardona e do Abadiño e en primeiro termo o edificio do “fielato”, onde se abonaban as taxas comerciais das mercadurias. ©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre oLearn More

1965 O Carmen

A imaxe que recuperamos hoxe é a procesión do Carme do ano 1965 aproximadamente.  A imaxe da Virxe aparece o fondo do grupo de fieis tralo estandarte.  O lado esquerdo  vese a Praia de Colomer,  coa casa de Don Alejandro e Dona Encarnación Colomer, que tiñan un establecemento de efectos navais. Pegada á casa estaba o almacén de salgado e bacallau. Detrás dos almacéns estaba a Fonda Queiruga da Señora Concha Diz.  Xa no ladoLearn More

© 2026: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress