Etiqueta: Avda. José Antonio
1958 apr. Riveira volta ciclista
Recuperamos hoxe esta imaxe dunha carreira ciclista no dique ( Actual Avda. do Malecon) por aquel entón Avda. José Antonio. Era a finais dos cincuenta, si ben non podo datar con exactitude a data da fotografiía nin o acontecemento a existencia dos edificios como Colomer, Cardona, Abadiño, Nervión, etc., situa a imaxe nesas datas. Alguén pode aportar algún dato?. Grazas
1974 Riveira Avda.José Antonio Primo de Rivera
Recuperamos hoxe esta postal de mediados dos setenta que nos ofrece unha perspectiva do malecón, daquela Avenida de José Antonio Primo de Rivera. Riveira que obtivera en 1959 o “Premio Nacional de embellecemento de pobos”, conservaba xa pouco das vilas mariñeiras que a fixera popular ” a cidade branca da Ría de Arousa”. A imaxe amosa o solar da fábrica de Cardona que se incendiou o 9 de decembro de 1967. O seu lado oLearn More