Etiqueta: 2015
20150822 Reportaxe La Voz de Galicia sobre riveira.eu
La Voz de Galicia dedicounos o sábado unha pequena reportaxe o noso portal www.riveira.eu, como consecuencia tivemos mais de 1.270 visitas nun día o que anima a seguir adiante con este pequeno proxecto. No que vai de verán superamos xa as 17.000 visitas e mais de 600 siareiros no facebook. Grazas a todos polo apoio e seguiremos subnido 2 ou 3 imaxes por semana. Por certo animaros a participar e facer comentarios ou mandar fotos.
2015 Entrevista a Cesáreo Canabal sobre o libro da parroquia
O sábado 11 de xullo o programa “A Revista de fin de semana” da TVG emitiu unha reportaxe sobre o libro “Santa Uxía, Ocho siglos de Comunidad” no que se recolle unha entrevista a Cesáreo Canabal Castro, párroco de Santa Uxía. Recuperamos esa peza de pouco mais de tres minutos.
2015 “Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de comunidad”
O venres día 24 de abril mais de 120 persoas participaron na presentación da obra “Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de Comunidad” que tivo lugar na Aula de Teoloxía Manuel Guerra Campos da parroquia de Santa Uxía de Ribeira. Tratase dun libro conmemorativo dos 150 anos da consagración do templo parroquial no que se recolle amais a historia documental da parroquia desde a súa primeira aparición no ano 1200 ata o século XX. OLearn More
Presentación do libro: Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de Comunidad
Anunciarvos a saida da obra “Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de comunidad” que será presentada este venres 24 de abril nos salóns parroquias ás 21 horas. Trátase dunha obra na que colaboramos unhas dez persoas relacionadas co mundo da historia, o xornalismo, a teoloxía e a actividade cristián da parroquia de Santa Uxía. Estructurado en duas partes a histórico-cronolóxica e a catequética, esta obra con amplo despliegue fotográfico e documental, recolle en 240 páxinasLearn More