Etiqueta: CAsa Vilas

1960 Dársena de Riveira

A imaxe do ano 1960 amosa a dársena do porto de Riveira xa coa sua configuración caseque definida. Vese a zona do asteleiro onde se subian vos barcos para ao seu arranxo, e xa na primeira fila de vivendas e de esquerda a dereita, a Casa de Vilas, a fábrica de Cardona coa sua cheminea, a fábrica do Abadiño e os talleres “El Nervión”.
Diante da fábrica de Cardona vense ainda os bloques que servían para a ampliación do porto que se estaba a facer neses anos.

Destaca o aspecto branco de todolos edificios, polo que a cidade conseguiría o título de “Premio Nacional de Embellecimiento de Pueblos de 1959”. Ese aspecto branco serviría de lema o título de “Cidade branca da Ría de Arousa”, títulos conseguidos sendo Alcalde, Miguel Rodriguez Bautista.

1960 Peirao de Riveira

1960 Peirao de Riveira

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info.Grazas

© 2020: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress