Etiqueta: Clínica 18 de julio
1960 Vista aérea de Riveira
A imaxe amosa unha vista aérea de Riveira a principios dos anos 60. Ofrece a fotografía un aspecto do centro de Santa Uxía, desde a parroquial, a Casa Consistorial, a Sala de Festas Cambeiro”, o porto coa dársena ou a “Clínica 18 de xullo”, que aparece na parte superior dereita, entre outros moitos edificios.
Tratase dunha reprodución que forma parte dunha serie de imaxes que recolle a vila en todo ou seu explendor, cando aínda era a “Cidade branca dá Ría de Arousa”, e que un lustro antes recibira o “Premio nacional de embellecimiento de pobos”. Foto: P.E.
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas
1944 Franco visita Riveira (video)
O 9 de agosto de 1944, Franco visita Riveira. Recibido polas autoridades locais encabezadas polo alcalde, Miguel Rodriguez Bautista, o xeneral chega en medio dos aplausos do pobo no malecón , daquela Avenida José Antonio, conservando a parafernalia habitual da época.
Video Filmoteca Nacional- Nodo