Categoría: Romarias e festas
1955- Programa das Festas tradicionais de Santa Uxía de Riveira

Seguimos en Festas e que mellor que lembrar como eran hai 60 anos. Traemos hoxe o programa completo do programa de aquelas festas que tiñan lugar entre o 6 e o 9 de agosto dedicadas a San Antonio, Santísimo Sacramento, Virxen do Rosario e Virxen do Carmen. Lembraredes os nomes de comercios e rúas da nosa cidade. Espero o disfrutedes.
E grazas polo apoio amosado no facebook estamos a punto de chegar ós 500 siareiros: https://www.facebook.com/Riveiranahistoria
1959- Festas de verán Santa Uxía

Empezan as “Festas de verán 2015” e lembramos como nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a cidade branca da ría de Arousa, as festas tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao a familia Pita que o sigue facendo na capital da Mariña desde hai 137 anos. Levaba colgado un barquillo que soltaba fogos de artificio.
Traemos hoxe a esta páxina da nosa historia a fotografía remitida por un seguidor do palco da música na praza Igrexa ó serán cando o aluemado empezaba a gañar o día. Por certo alguén conservara algunha foto do globo de papel?.
Felices festas 2015.
PD A ver si vos animades a dar difusión entre amigos e coñecidos á páxina que somentes somos 400. Animo e grazas. Lembrade www.riveira.eu
1961 Riveira Festas de verán

Nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a “Cidade branca da Ría de Arousa”, as festas de verán tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao a familia Pita que o sigue facendo na capital da Mariña desde hai 135 anos. Levaba colgado un barquillo que soltaba fogos de artificio.
Traemos hoxe a esta páxina da nosa historia a portada do programa de festas do ano 1961 no que aparece a imaxe a cor da vella Casa Consistorial e o rimbombante titular “1ro premio de embellecimiento de Pueblos, 1959”.Quen o diria?.

1965 apr. Praza do Concello. Arquivo Joferpa
Aquel folleto levaba un saúdo do alcalde, Alvaro Landeira Martínez, pregón de José María Castroviejo e artigos de membros das reais academias da lingua española e galega, amáis de artigos do Marqués de Revilla e de don Manuel Rabanal Álvarez, catedrático de grego da USC. A comisión de festas estaba presidida por José Bello Vilas.
E esta outra fotografía amosa as festas de verán do ano 1979. Como se aprecia a fachada do malecón bulia de actividade, sobre todo de coches nun soleado dia de agosto.Vese tamén o monte e a Capela de San Alberte, aínda non afectado pola desfeita do polígono industrial de Xarás, e tamén o Caramecheiro cos incipientes edificios algúns deles aínda en contrucción.
1945 aprx. Riveira Procesión do Corpus Christi

Recentemente celebrouse a festa do Corpus, xa sabedes un dos tres xoves do ano que brilan mais que o sol…), pero claro eran otros tempos e aqueles xoves festivos psaron a domingo. A imaxe amosa precisamente aprocesión do Corpus dun xoves dos anos coarenta, que percorría as rúas de Santa Uxía. Alguén sabe ubicalo sitio? Xeneral Franco preto de Rosalia Castro? . A foto foi cedida o arquivo parroquial para a exposición e a edición do libro que a finais de ano sairá co gallo dos 150 anos da consagración da Igrexa Parroquial.
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
1979 Riveira dique en festas

A fotografia amosa as festas de verán do ano 1979. Como se aprecia a fachada do malecón bulia de actividade, sobre todode coches nun soleado dia de agosto.Vese taén o monte de San Alberte aínda non afectado pola desfeita do polígono industrial de Xarás, e tamén o Caramecheiro cos incipientes edificios algúns deles aínda en contrucción.
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas