Categoría: Romarias e festas

1969 Riveira Romaria de San Alberte

Santa Uxía celebra este luns 28 de abril a secular romaría en honra de San Alberte que marca o inicio das celebracións festeiras das comarcas da barbanza e de arousa norte. A capela está situada no cumio do monte do mesmo nome, a 200 m. de altitude e dende o que hai unha fermosa panorámica da ría de arousa cara a un lado, e sobre o Parque Natural das dunas de Olbeira cara ao outro. Learn More

1947 Nosa Señora da Guía – Carreira

Hoxe imos facer un chamamento a ver si vos animades un pouco a colaborar. Desde Santiago cheganos esta fotografía datada o 26 de maio de 1947, festa da Guía en Carreira. Alguén pode aportar algún dato sobre as persoas que aparecen na imaxe?. Grazas

1949 Invitación festa da dorna

En 1948 un grupo de amigos pon en marcha a raíz do sorteo dunha pequena dorna, unha iniciativa en plan “carallada” coa botadura dunha embarcación chamada “Virxe do Carmen”.  Aquela festa inicial que teria lugar na “Sala La Granja” no barrio da Amarella convertiríase co paso dos anos nun acto de solidariedade. O ano seguinte en 1949, celebrariase o primeiro baile de gala que tería lugar na “Salón Cambeiro”, cedido durante anos para a recadaciónLearn More

1961 Festas de verán, programa

Nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a cidade branca, as festas de verán tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao a familia Pita que o sigue facendo na capital da Mariña desdeLearn More

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress