1969 Riveira Romaria de San Alberte
Santa Uxía celebra este luns 28 de abril a secular romaría en honra de San Alberte que marca o inicio das celebracións festeiras das comarcas da barbanza e de arousa norte.
A capela está situada no cumio do monte do mesmo nome, a 200 m. de altitude e dende o que hai unha fermosa panorámica da ría de arousa cara a un lado, e sobre o Parque Natural das dunas de Olbeira cara ao outro. Esta construción, de reducidas dimensións, data do s. XII, aínda que de época románica só conserva o presbiterio. O resto da nave e a sancristía datan do s. XVIII.
Nela ten lugar a romaxe de San Alberto, coñecida como a romaxe “do cambio de tella”.
A celebración, na que participaban as donas dos mariñeiros coa intención de acelerar a chegada dos maridos, consistía en ir movendo unha das tellas da cuberta da capela dende o sentido dun punto cardinal cara ao contrario para regular a dirección dos ventos no sentido favorable.
A romaxe celebrase desde hai séculos e congrega a centos de romeiros que participan na puxa de galiñas e ovos que son subhastados para cos cartos mantela capela. Os fieis sacan en procesión a pequena imaxe do santo, e nos últimos lustres tiran a tella cara a unha ornacina pequena, na que segundo a tradición maís moderna sin non cae o chan antes dun ano a parella casase.
O certo é que a tradición é o cambio da tella para favorecer por parte das mulleres de mariñeiros o cambio do sentido do vento para traer as embarcacións cara a terra xa que a capela ofrece un especatular mirador das rias. A festa maior celebrarase esta tarde a partir das seis. Por certo existe un dito popular que nos remonta a tempos en que non habia faros e que di que: “Si a Curota ves tapar vai a San Alberte a ventear” , en clara referencia o cambio da tella e o cambio de dirección do vento para traer as embarcacións cara terra.
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas