Etiqueta: 1979
1961 Riveira Festas de verán

Nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a “Cidade branca da Ría de Arousa”, as festas de verán tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao a familia Pita que o sigue facendo na capital da Mariña desde hai 135 anos. Levaba colgado un barquillo que soltaba fogos de artificio.
Traemos hoxe a esta páxina da nosa historia a portada do programa de festas do ano 1961 no que aparece a imaxe a cor da vella Casa Consistorial e o rimbombante titular “1ro premio de embellecimiento de Pueblos, 1959”.Quen o diria?.

1965 apr. Praza do Concello. Arquivo Joferpa
Aquel folleto levaba un saúdo do alcalde, Alvaro Landeira Martínez, pregón de José María Castroviejo e artigos de membros das reais academias da lingua española e galega, amáis de artigos do Marqués de Revilla e de don Manuel Rabanal Álvarez, catedrático de grego da USC. A comisión de festas estaba presidida por José Bello Vilas.
E esta outra fotografía amosa as festas de verán do ano 1979. Como se aprecia a fachada do malecón bulia de actividade, sobre todo de coches nun soleado dia de agosto.Vese tamén o monte e a Capela de San Alberte, aínda non afectado pola desfeita do polígono industrial de Xarás, e tamén o Caramecheiro cos incipientes edificios algúns deles aínda en contrucción.
1979 aprx. Praza de Otero Goyanes
A imaxe amosa a praza da igrexa parroquial a principios dos setenta. O empedrado da praza tan típico e que servia de aparcadoiro ós poucos coches que circulaban na cidade. A fotografia foi tomada probablemente en primavera ou verán xa que a sinal de prohibido aparcar colocabase cando se celebraban actos como as procesións. Dado que non habia alumeado é de supoñer q debia ser a primavera.
A imaxe amosa o Banco de Bilbao que absorbera o Banco da Coruña en 1970,primeira entidade bancaria de Riveira desde 1927. Tamén se ve parte do edificio de Acción Católica.