1914 Porto de Riveira

A imaxe corresponde a unha reproducción recollida por un album de fotos editado polo Círculo Mercantil e Industrial de Riveira en 1975, co gallo do seu 50 aniversario. É parte dunha colección de postais editado polo “Barato de Riveira”, Casa Baltar, establecemento ubicado na actual sede do BBVA na Praza de Otero Goyanes(ver 1914 Porta do Sol (Praza de Otero Goyanes) e que consta dun album dos anos dez de 1900 e que constaba dunhas 20 imaxes.

En primeiro termo á esquerda aparece o barco adega que se encargaba de traer mercadurias e vese lixeiramente o  fielato,  nome popular que recibían as casetas de cobro dos arbitrios e taxas municipais sobre o tráfico de mercancías, aínda que o seu nome oficial era o de estación sanitaria, xa que aparte da súa función recadatoria servían para exercer un certo control sanitario sobre os alimentos que entraban nas cidades. O termo fielato procede do fiel ou balanza que se usaba para a pesada

1914 Porto de Riveira

1914 Porto de Riveira

 

 

 

 

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas

 

© 2020: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress