Categoría: Fotografías
(Riveira) Colexio anos 40 ou 50
Pois traemos hoxe esta fotografía dos anos 40 ou 50. Si coñecedes ós que nela aparecen esperamos os vosos comentarios para recupera-lós seus protagonistas. Colexio el Pilar?. Por favor escribídenos a” redaccion@riveira.eu” e iremos engadindo os nomes.
1920- Castiñeiras (Riveira)
Recentemente aprobouse o acondicionamento dá fábrica do Castro ocupada durante anos por unha conserveira que se construíu enriba do que era o Castro de Castiñeiras. Aínda que desgraciadamente é irrecuperable hoxe traemos esta foto dos anos 20 do século pásado onde as dornas, embarcación típica desta zona e do Grove era o medio de vida dos veciños do lugar que dependian dá parroquia de Santa Uxía ata a sua creación como freguesía propia en 1967.Learn More
1925- Castiñeiras (Riveira)
Castiñeiras xunto a Aguiño a terra das dornas, é a protagonista da nosa imaxe de hoxe. A fotografía amosa a primixenia vella fábrica situada o lado do castro que sería esnaquizada na década dos 70 para facer a conserveira, hoxe recuperado en espazo de servizo público. A postal corresponde a un album de fotos editado polo “Barato de Ribeira” na década dos anos vinte do século pasado.
2016 Aniversario Santa Isabel
Hai uns dias publicabamos o video da reportaxe que sobre os 96 anos do vapor- correo Santa Isabel facian uns alumnos de xornalismo, reportaxe que podedes ver nesta mesma páxina web no enlace: Santa Isabel, 95 anos. Estrenase na rede o documental “A lenda do Santa Isabel” a prensa local recolleu a nova e publicamos as páxinas de La Voz de Galicia e El Correo Gallego do día 2 e 3 de xaneiro.
Santa Isabel, 95 anos. Estrenase na rede o documental “A lenda do Santa Isabel”
Este 2 de xaneiro cúmprense 95 anos do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, que embarrancou nos baixos de Sálvora en 1921 ocasionando a morte de 213 persoas, delas 64 nenos. O aniversario é aproveitado por un grupo de alumnos da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago para a realización do documental ”A lenda do Santa Isabel”. O guión da reportaxe mistura tradición e historia e así se une a lenda de Mariña e aLearn More
Feliz 2016
Co desexo dun feliz 2016 recuperamos do noso arquivo a imaxe mais antigua que se coñece de Riveira. Trátase dunha pequena fotografía de apenas 13 centímetros do ano 1890-95. O aninovo traeremos mais imaxes, e atención o sábado día 2 de xaneiro aniversario do afundimento do Santa Isabel, estrenaremos un documental sobre o naufraxio do vapor-correo e as leendas de Sálvora feito por alumnos de xornalismo. FELIZ ANINOVO
