Hai 60 anos, un 13 de agosto, Riveira recibía mención extraordinaria pola conservación do pobo. Tres anos antes recibira o “Premio Nacional de Embellecemento de pobos”
Nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a “Cidade branca da Ría de Arousa”, as festas de verán tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao a familia Pita que o sigue facendo na capital da Mariña desde hai 135 anos. Levaba colgado un barquillo que soltaba fogos de artificio.
Traemos hoxe a esta páxina da nosa historia a portada do programa de festas do ano 1961 no que aparece a imaxe a cor da vella Casa Consistorial e o rimbombante titular “I premio de embellecimiento de Pueblos, 1959”. Quen o diria?.
Volvendo o programa de festas este levaba un saúdo do alcalde, Alvaro Landeira Martínez, pregón de José María Castroviejo e artigos de membros das reais academias da lingua española e galega, amáis de artigos do Marqués de Revilla e de don Manuel Rabanal Álvarez, catedrático de grego da USC. A comisión de festas estaba presidida por José Bello Vilas.