O 12 de agosto de 1961, hai 60 anos, visitou Riveira Balduino de Bélxica


Este 12 de agosto visitaron Santa Uxía de Riveira os reis de Bélxica, Balduino e Fabiola. Os monarcas residían no pazo de San Lorenzo en Santiago, propiedade da familia Fabiola de Mora y Aragón. Despois de asistir a unha misa na capela do pazo iniciaron unha viaxe polas rías baixas que os levarían a Riveira onde foron recibidos por centos de veciños e estiveron acompañados polo marqués consorte de revilla Joaquín Otero Goyanes e o alcalde.
O rei, que se hospedou na casa dos Otero no centro de Santa Uxía, visitaron o templo e percorreon as rúas da cidade en medio do aplauso dos veciños. Tamén xantou polbo no popular bar “A Cuba”, tal e como recolle a dedicatoria da fotografía dedicada polo marqués o establecemento, con motivo da viaxe dos reis polas rías baixas e Santiago.