Sálvora recupera a Cruz en memoria das vítimas do Santa Isabel

O Parque Nacional das Illas Atlánticas procedeu á recuperación da Cruz en lembranza do agregado e das vítimas do vapor-correo Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 e no que morreron 213 persoas, sendo o terceiro naufraxio en números de falecidos dos naufraxios civís galegos e o quinto dos acontecidos nas costas do noso país.

Este 27 de xullo de 2021, fai 100 anos da colocación dun mauseleo -monumento cunha placa dedicada ao mozo Carlos Verdier e Escobar, e a todos aqueles que faleceron no naufraxio do Vapor Santa Isabel na madrugada do dous de xaneiro de 1921.

Monumento en memoria das vítimas do Santa Isabel recuperada polo parque Nacional das Illas atlánticas no centenario da súa colocación 27 de xullo de 1921

A placa, foi colocada polos pais de Carlos Verdier y Escobar e autorizada o 10 de outubro dese mesmo ano por orden do Ministerio de Fomento, previa petición de Victoriano Verdier, pai do rapaz, xefe de sección na delegación gaditana da Compañía Trasatlántica. Tamén está dedicada a todos os falecidos neste tráxico naufraxio:

“AL JOVEN

Don CARLOS VERDIER Y ESCOBAR

AGREGADO QUE DESAPARECIO EN EL

NAUFRAGIO DEL VAPOR SANTA ISABEL

A A LA MEMORIA DE LAS DEMAS DESGRACIADAS

VICTIMAS DE DICHO SINIESTRO

OCURRIDO EN ESTAS AGUAS

EN LA MADRUGADA DEL 2 DE ENERO DE 1921

DEDICAN ESTE RECUERDO

LOS DESCONSOLADOS PADRES

DE CARLITOS

CADIZ, 27 DE JULIO DE 1921″

Carlitos como era coñecido entre os seus compañeiros, era natural de Cádiz e contaba 16 anos, era a súa primeira viaxe, tiña o cargo de agregado, xunto a Carlitos tamén faleceron todos os integrantes do bote número 6, entre os que se atopaba o radiotelegrafista e todos os ocupantes do bote. O mozo sempre quixo navegar xa que os eu pai o fixera durante anos en buques da Compañía, onde era moi querido e estimado.

O entusiasmo amosado por Carlos Verdier entre os seus compañeiros, fixo que estes lle chamaran cariñosamente Carlitos; o infortunado mozo foi un dos primeiros en falecer , xa que o primeiro bote salvavidas que logrou saír do vapor, onde iría, o número 6, esnaquizouse contra as rochas morrendo tódolos seus ocupantes.

Os pais do rapaz visitarían despois a zona, onde erixirían un monumento na súa memoria, monumento que aínda hoxe existe e que acaba de ser rehabilitado polo parque Nacional das Illas Atlánticas.

Este monumento recolle todas as sensibilidades da época cara a este tráxico accidente.

Traballadores do Paque Nacional das Illas Atlánticas, encargados de recuperala Cruz en memoria das vitimas do Santa Isabel 20210727

© 2021: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress