1955 Corrubedo faro

O Faro de Corrubedo terminouse de construir 1853, e foideseñado polo enxeñeiro Celedonio Uribe, autor de numerosas obras e reformas urbanísticas levadas a cabo en Riveira na segunda metade do s. XIX. A súa torre é de seccíon troncocónica arrincando  do interior do inmoble e soporta un equipo luminoso cun foco a 14 metros de altura sobre o terreo e a 32 sobre o nivel medio do mar. Destaca a escaleira de caracol realizada na forxa de Sargadelos.
En 1856 comezou a funcionar como guía para a navegación e empregábase aceite para a iluminación, máis tarde petróleo e, na segunda metade do século XX, corrente eléctrica.
A raiz do naufraxio do Santa Isabel en 1921 a autoridade marítima decidiu que o faro emitise con coor vermello xa que a sua luz branca parece foi unha das causas da confusión no naufraxio. A partir de entón, o faro de Corrubedo empezou a coñecerse como o faro comunista.
Co levantamento militar do 36 as autoridades decidiron que pasara novamente a emitir luz branca.

A postal de hoxe ofrece unha imaxe do faro na segunda metade dos anos cincuenta do século pasado.

1955 Faro de Corrubedo

1955 Faro de Corrubedo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress