Etiqueta: Malecón

1958 apr. Riveira volta ciclista

Recuperamos hoxe esta imaxe dunha carreira ciclista no dique ( Actual Avda. do Malecon)  por aquel entón Avda. José Antonio. Era a finais dos cincuenta, si ben non podo datar con exactitude a data da fotografiía nin o acontecemento a existencia dos edificios como Colomer, Cardona, Abadiño, Nervión, etc., situa a imaxe nesas datas. Alguén pode aportar algún dato?. Grazas  

1968 Santa Uxía vista nocturna

  Espectacular imaxe do casco urbano de Santa Uxía a finais da década dos 60. A fotografía tomada no serán, amosa a cidade conservando aínda todo o seu encanto si ben empezan a construírse xa os “mamotretos” que marcaron e marcan o feísmo local das décadas posteriores. Santa Uxía empezaba a perder o encanto da “Cidade Branca da Ría de Arousa” que lle dera o premio nacional de embelecemento de pobos en 1959. Vese aíndaLearn More

1965 Riveira Avda.do Malecón

Esta fotografia corresponde a unha vista do malecón a zona máis emblemática de Riveira. Foi realizada sobre o ano 1965 .Nela aparecen aínda o secadeiro de Colomer, en pe está a “Fábrica de Cardona”, que se incendiou en 1967 e o lado a “Fábrica do Abadiño”. Na memoria colectiva do noso pobo lembrase aquela madrugada no que o lume arraxou cunha das máis emblemáticas conserveiras da vila.  A ese suceso uneuse unha serie de circunstanciasLearn More

1960 aprx. Riveira O Carme verán

A principios do século XX , Riveira chegou a ter case duas semanas de festas. Unianse toda-las celebracións relixiosas. Evidentemente eran outro tipo de “solemnidades”. Co paso do tempo separaronse e cada unha foi caendo na súa data actual. ë o caso das festas do verán na que se celebra O Carme, San Pedro, San Cristovo, etc. A imaxe corresponde a principios dos anos sesenta coa celebración da festa do Carme, coa Patrona Santa uxíaLearn More

1925 Riveira dique (Malecón)

O 23 de xuño de 1902 a comisión municipal de Riveira adxudicaba ante o notario da capital coruñesa a finca e ruínas do que fora noutrora Casa Consistoriall. Don Pedro Celestino Porteiro sería o adxudicatario da mesma e por ela pagaría a cantidade de 15.075 pesetas (90,60 euros). A finca fora dividida en catro parcelas que ocupaban en total 528 metros cadrados.  A casa Consistorial situábase entre as rúas Romero Ortiz, Gravina (hoxe Rúa doLearn More

1979 Riveira dique en festas

A fotografia amosa as festas de verán do ano 1979. Como se aprecia a fachada do malecón bulia de actividade, sobre todode coches nun soleado dia de agosto.Vese taén o monte de San Alberte aínda non afectado pola desfeita do polígono industrial de Xarás, e tamén o Caramecheiro  cos incipientes edificios algúns deles aínda en contrucción. ©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubidesLearn More

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress