Etiqueta: Malecón

1965 Riveira Dique (fábricas conserveiras)

Esta fotografia corresponde a unha vista aérea do dique (malecón) da zona máis emblemática de Riveira. Foi realizada sobre o ano 1965 xa que nela aparece aínda en pe a “Fábrica de Cardona”, que se incendiou o 9 de decembro de 1967. Vese ademais o “Colexio El Pilar”, e detrás a finca de Landeira e o lado a “Fábrica do Abadiño”. Na memoria colectiva do noso pobo lembrase aquela madrugada no que o lume arraxouLearn More

1958 Fielato

Aínda que a vida de Riveira sempre estivo vinculada o mar, non sería ata 1801 cando se empezaría a construción do primeiro dique. O crecemento pesqueiro de Santa Uxía tería un pulo importante a partir do século XVIII, no que boa parte do mesmo tería moito que ver a chegada das familias cataláns e a construción das fábricas. Santa Uxía mantiña a sua relación comercial habitual por mar en concreto con Vilagarcía o porto porLearn More

1958 aprox. Malecón Avda.José Antonio

Recuperamos hoxe esta postal de mediados dos cincuenta que nos ofrece unha perspectiva do malecón, daquela Avenida de José Antonio Primo de Rivera. A imaxe amosa as conserveiras de Cardona o Abadiño e a salazonera de Colomer. Tratase dunha postal dunha imaxe en branco e negro coloreada e na que se aprecia o fondo a construcción do ramal do peirao. ©riveira.eu Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se veLearn More

1966 O malecón na década dos 60

Recuperamos hoxe esta postal de mediados dos sesenta que nos ofrece unha perspectiva do malecón, daquela Avenida de José Antonio Primo de Rivera. Riveira que obtivera en 1959 o “Premio Nacional de embellecemento de pobos”, conservaba aínda o encanto das vilas mariñeiras e facia honra do lema que a fixera popular ” a cidade branca da Ría de Arousa”. A imaxe amosa as conserveiras de Cardona o Abadiño e a salazonera de Colomer. En primeiroLearn More

1960 Avenida do Malecón

Imaxe da  actual Avenida do Malecón, na época da fotografía Avenida de José Antonio Primo de Rivera . A  foto é dos anos 60 e nela vese á dereita o almacén de bacallau de Colomer e a casa dos Vilas. A recén acondicionada avenida ofrecía  unha imaxe caseque bucólica dun pobo que en 1959 recibira o “Premio Nacional de embelecemento de pobos”  e era chamada a “Cidade branca da Ría de Arousa” polas súas casasLearn More

© 2026: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress