1958 Fielato
Aínda que a vida de Riveira sempre estivo vinculada o mar, non sería ata 1801 cando se empezaría a construción do primeiro dique. O crecemento pesqueiro de Santa Uxía tería un pulo importante a partir do século XVIII, no que boa parte do mesmo tería moito que ver a chegada das familias cataláns e a construción das fábricas. Santa Uxía mantiña a sua relación comercial habitual por mar en concreto con Vilagarcía o porto por excelencia da ría.
A imaxe que traemos hoxe corresponde a finais da década dos cincuenta. No primeiro termo aparece o fielato, nome popular que recibían as casetas de cobro dos arbitrios e taxas municipais sobre o tráfico de mercancías, aínda que o seu nome oficial era o de estación sanitaria, xa que aparte da súa función recadatoria servían para exercer un certo control sanitario sobre os alimentos que entraban nas cidades. O termo fielato procede do fiel ou balanza que se usaba para a pesada.
A partir de 1961 o lugar onde estaba este servizo pasou a ser ocupado pola Axudantía de Mariña que con anterioridade se atopaba na primeira planta dun edificio situado na rúa Xeneral Franco, antiga rúa Venecia, e que no baixo contaba nos últimos anos coa sucursal dunha entidade bancaria, enfronte xusto do cruceiro da Virxe da Saúde no Castelo. AHM
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas