Categoría: Santa Uxía
1930 Riveira porto
Seguimos avanzando no noso percorrido pola historia fotográfica local. A pesar de que ninguén se anima a colaborar tentarei non desanimarme e o que se di neste caso non tirar a toalla. A imaxe de hoxe amosa unha imaxe dos anos 30 do peirao de Riveira. Construido inicialmente no 1800 esta zona seria reformada e pasaria de ser dunha estructura de madeira a unha de pedra tendo varias fases de mellora e ampliación que aindaLearn More
1959 Riveira aérea
A imaxe foi tomada a finais da década dos 50 principios dos 60, de aí que a datemos nese ano. Estaba en fase de construcción o peirao da lonxa. Poucos comentarios que facer a esta fotografía na que se apreza a beleza da localidade e a súa “potencia” industrial. Santa Uxía recibira o ano 1959 o “Premio Nacional de embellecimiento de Pueblos“. P.D. Lamento o da marca de auga pero xa vos dixen que estanLearn More
1925 Vista de Coroso
Imaxe de Coroso nos anos 20 do século XX. Na fotografía intúese a estrada que une Riveira con Palmeira marcada polos famosos “plataneiros” que limitaban a estrada. Tamén se ve o final dá enseada a Illa dos Ratos. A estrada foi construída sendo Ministro Antonio Romero Ortíz na década dous anos 60 do século XIX. Substituíu ou lanuxe Camiño Real que discurría pola costa ata Palmeira Nota: Desgraciadamente véxome na obriga de incluír aLearn More
2014 A parroquia de Santa Uxía vivirá un ano de celebracións. La Voz Barbanza
Pois o domingo saiu en La Voz de Barbanza o seguinte artigo sobre a historia da Igrexa de Riveira. Os que lle interese xa sabe que poden descargalo desta páxina . Grazas e xa sabedes que temos o grupo riveira na historia en facebook.
2014 A parroquia de Santa Uxía vivirá un 2014 cheo de celebracións
Reproduzco de seguido o artigo publicado en La Voz de Galicia neste domingo 5 de xaneiro sobre os aniversarios dos actos da Parroquia de Riveira neste 2014. ——- Desde que un 28 de decembro de 1159 leramos por primeira vez o nome de “Santa Eugenia de Ripe Maris”, nunha doazón do monarca Fernando II no recén creado núcleo de Santa Eugenia o Mosteiro de Melón, transcorreron séculos de historia local dun lugar, despois pobo, vilaLearn More
1970 Riveira Praza de Calvo Sotelo actual do concello
A vella Casa Consistorial que aparece nesta imaxe de Foto González, sería derrubada no primeiro trimeste do ano 1974. O edificio foi construído en dúas fases, a primeira delas en 1904 cando o Alcalde, José Martínez Fernández, de quen xa falamos nesta mesma web (ver enlaces) retoma o proxecto de construcción dun edificio municipal tras arder o anterior en 1862 e estar de aluguer durante mais de 40 anos. Este rexidor retoma un proxecto anteriorLearn More
