2014 A parroquia de Santa Uxía vivirá un 2014 cheo de celebracións
Reproduzco de seguido o artigo publicado en La Voz de Galicia neste domingo 5 de xaneiro sobre os aniversarios dos actos da Parroquia de Riveira neste 2014. ——-
Desde que un 28 de decembro de 1159 leramos por primeira vez o nome de “Santa Eugenia de Ripe Maris”, nunha doazón do monarca Fernando II no recén creado núcleo de Santa Eugenia o Mosteiro de Melón, transcorreron séculos de historia local dun lugar, despois pobo, vila e cidade, unida sempre o mar…..
Hoxe iniciamos 2014 como un ano cargado de celebracións parroquiais no que a Comunidade cristián da vila seguirá desenvolvendo a súa intensa actividade relixiosa, formativa e social.
E neste repaso inicial do recen estreado ano lembramos varios acontecementos que terán lugar nos próximos meses e nos que esperamos que a Comunidade participe activamente coa súa colaboración.
Neste 2014 celebraremos o 150 aniversario da consagración do templo parroquial.
Na década dos anos cincuenta do século XIX, contaba Santa Uxía con algo mais de 2.300 almas, e un deteriorado e vello templo que unido o seu reducido tamaño decidiran as autoridades civís e eclesiásticas, a construír un novo edificio.
Por aquel entón o Párroco don Andrés Vilarelle, e o Alcalde don José Landeira Sevilla, inician o proxecto co apoio do gran benfeitor da localidade don Antonio Romero Ortiz.
En 1860 se procedía á demolición da Igrexa antiga e a nova faríase entre ese ano e 1864. 0 lugar elixido para levantala era un amplo solar chamado “Horta do Palomar” situado na confluencia das rúas Venecia e Floridablanca e que daría posteriormente orixe á chamada Praza do Carme, e xa a principios do século XX á que se chamaría Porta do Sol e hoxe Otero Goyanes.
O edificio sería deseñado polo arquitecto Faustino Domínguez Domínguez, e o acto de Consagración tería lugar un domingo 20 de novembro de 1864, presidido polo Párroco don Domingo Antonio do Pazo e o que asistiu don Antonio Romero Ortiz.

Pero este ano 2014 tamén será o do cincuentenario da consagración do Monumento o Sagrado Corazón de Xesús.
Durante anos o “Monumento o Sagrado Corazón” presidiu toda a cidade de Riveira. Era visible desde moitos puntos da costa e da ría ata que quedou rodeado de edificios. Este templo foi construído pola empresa Obrascom en tempos do párroco don Juan Bautista Boo Romero. A iniciativa foi de dona Josefa Santos e tras unha colecta popular, edificouse nun terreo doado á Igrexa por Manuel Picher. Sería o Cardeal Quiroga Palacios o que o Consagrou en xuño de 1964.
E rematamos este breve resumo lembrando que tamén este ano 2014, cumpriranse os 35 anos do nomeamento e chegada como párroco de Cesáreo Canabal. Sería o16 de xullo de 1979, día do Carme cando chegaría a Santa Uxía, parroquia na que leva desenvolvendo unha intensa actividade como pastor da Comunidade católica, que non dubidamos continuará dando os seus froitos neste ano de tantas celebracións.