Categoría: Santa Uxía
1950 Vista aérea de Riveira
A imaxe ofrecenos unha perspectiva aérea de Riveira dos anos 50. Apreciase claramente na imaxe as estradas do Son-Noia e de Padrón, as dúas conservando aínda os típicos “plataneros” que bordeaban as calzadas. Tamén se ve a vella lonxa e os primixenios peiraos. Facendo un barrido pola fotografía apreciase por exemplo a Avda.Miguel Rodriguez Bautista e as inicipentes casas baratas, o grupo escolar, as naves de Talleres El Nervión, na chamada entón rúa Alcazar deLearn More
1940 Riveira porto
Esta espectacular fotografía de apenas uns cms de ancho no seu orixinal, ofrece unha imaxe do peirao e das fábricas existentes na época en Santa Uxía. En primeiro termo os tellados do secadeiro de bacallau de Colomer. Vense tamén as fábricas de Cardona e do Abadiño e en primeiro termo o edificio do “fielato”, onde se abonaban as taxas comerciais das mercadurias. ©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre oLearn More
1940 Vista de Santa Uxía
Imaxe de Coroso nos anos 40 do século XX. Na fotografia apreciase a estrada que une Riveira con Palmeira e o final da ensenada a Illa os Ratos. A estrada foi construida sendo Ministro Antonio Romero Ortiz na década dos anos 60 do século XIX. Substituiu o vello Camiño Real que discurria pola costa ata Palmeira. ©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubidesLearn More
1964 Monumento Sagrado Corazón de Xesús
Durante anos o “Monumento o Sagrado Corazón” presidiu desde a distancia toda a cidade de Riveira. Visible desde moitos puntos da costa e da ría ata que quedou rodeado de edificios, ocupa a parte mais alta do centro urbano, dando nome incluso a todo a barriada na que está ubicado: O Monumento. Trátase da imaxe dun Cristo de dous metros e medio de altura que, cos brazos extendidos, coroa un pedestal dunha altura equivalente áLearn More
1949 Invitación festa da dorna
En 1948 un grupo de amigos pon en marcha a raíz do sorteo dunha pequena dorna, unha iniciativa en plan “carallada” coa botadura dunha embarcación chamada “Virxe do Carmen”. Aquela festa inicial que teria lugar na “Sala La Granja” no barrio da Amarella convertiríase co paso dos anos nun acto de solidariedade. O ano seguinte en 1949, celebrariase o primeiro baile de gala que tería lugar na “Salón Cambeiro”, cedido durante anos para a recadaciónLearn More
