1964 Monumento Sagrado Corazón de Xesús

Durante anos o “Monumento o Sagrado Corazón” presidiu desde a distancia toda a cidade de Riveira. Visible desde moitos puntos da costa e da ría ata que quedou rodeado de edificios, ocupa a parte mais alta do centro urbano, dando nome incluso a todo a barriada na que está ubicado: O Monumento.

Trátase  da imaxe dun Cristo de dous metros e medio de altura que, cos brazos extendidos, coroa un pedestal dunha altura equivalente á de catro pisos e na base da cal existe unha capela. Nela está soterrado o  que fora párroco de Riveira, Juan Bautista Boo Romero.

Este monumento fue construido en 1964 pola empresa Obrascom, por iniciativa de Josefa Santos e tras unha colecta popular, nun terreo doado á Igrexa por Manuel Picher. Sería o Cardeal Quiroga Palacios o que o inaugurou en xuño de 1964, día o que corresponde a imaxe.

1964 Riveira. Inauguración Sagrado Corazón de Xesús. Arquivo Joferpa-foto G

1964 Riveira. Inauguración Sagrado Corazón de Xesús. Arquivo Joferpa-foto G

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.  Grazas.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress